Unha excelente manipulación permite ver a Putin detido e detrás das reixas. O vídeo emprega imaxes do xuízo ao empresario Mijaíl Jodorkovsky.
Fálase
A Xunta négase a informar sobre o último contrato asinado con Eisenman para a Cidade da Cultura, en xuño de 2010. Ana Pontón denuncia que o goberno galego negouse a respostar unha pregunta parlamentaria do BNG sobre "o custe real da paralización das obras". O último contrato asinado con Eisenman ascendeu a 1'5 millóns de euros, acumulando un total de 11'17 millóns dende o inicio do proxecto.
Un grupo de traballadores da residencia de anciás de Volta do Castro, de Santiago, mercáronlle una entrada de cinema ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que acuda a ver o filme de animación Arrugas e coñeza así como transcorre a vida nun centro destas características, "xa que non se digna a visitar os seus propios centro de traballo".
A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño decidiu crear unha comisión, formada por Xosé Manuel Beiras, Concha Trigo e Mario López Rico, para tratar co BNG, en “boa avinza, a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal. Así mesmo, impulsaranse grupos de base nas localidades e comarcas "conxuntamente con todos aqueles que se identifiquen coa idea do novo proxecto común".
Banco Pastor pechou 2011 cuns beneficios de 51,9 millóns de euros, un 16,3% menos que o exercicio precedente. A entidade que preside José María Arias será absorbida por Banco Popular proximamente
Os catros sindicatos da Función Pública proseguirán co seu calendario de mobilizacións e non descartan chamar aos empregados da administración a unha folga xeral.
O Encontro Irmandiño vénlle de remitir "un escrito" a Guillerme Vázquez "para solicitar de inmediato unha reunión" para tratar o futuro dos cargos públicos. A Coordinadora Nacional do EI sinala que a súa "vontade" é que "os grupos municipais nacionalistas poidan seguir traballando con normalidade ao servizo dos cidadáns". Para "falar co BNG" os irmandiños designan a Xosé Manuel Beiras, Concha Trigo e Mario López Rico.
Consello da Xunta: Feijóo recoméndalles "tolerancia" e "coñecer mellor a historia" aos mozos que se manifestaron contra a homenaxe a Fraga na Universidade de Santiago
Consello da Xunta: O Goberno galego poderá decidir a redución de ata un terzo da xornada laboral do persoal interino e temporal da Xunta. Vén de anuncialo a conselleira de Facenda.
Consello da Xunta: O Goberno galego nomea a comisión que coordinará a transformación da Televisión de Galicia, a Radio Galega e a CRTVG nunha única corporación. Depende da secretaría xeral do Patrimonio (Facenda), da secretaría xeral da Presidencia e do director xeral do actual ente público.