O Encontro Irmandiño vénlle de remitir "un escrito" a Guillerme Vázquez "para solicitar de inmediato unha reunión" para tratar o futuro dos cargos públicos. A Coordinadora Nacional do EI sinala que a súa "vontade" é que "os grupos municipais nacionalistas poidan seguir traballando con normalidade ao servizo dos cidadáns". Para "falar co BNG" os irmandiños designan a Xosé Manuel Beiras, Concha Trigo e Mario López Rico.
Fálase
Consello da Xunta: Feijóo recoméndalles "tolerancia" e "coñecer mellor a historia" aos mozos que se manifestaron contra a homenaxe a Fraga na Universidade de Santiago
Consello da Xunta: O Goberno galego poderá decidir a redución de ata un terzo da xornada laboral do persoal interino e temporal da Xunta. Vén de anuncialo a conselleira de Facenda.
Consello da Xunta: O Goberno galego nomea a comisión que coordinará a transformación da Televisión de Galicia, a Radio Galega e a CRTVG nunha única corporación. Depende da secretaría xeral do Patrimonio (Facenda), da secretaría xeral da Presidencia e do director xeral do actual ente público.
Consello da Xunta: O Goberno galego nomea a comisión que coordinará a transformación da Televisión de Galicia, a Radio Galega e a CRTVG nunha única corporación. Depende da secretaría xeral do Patrimonio (Facenda), da secretaría xeral da Presidencia e do director xeral do actual ente público.
Consello da Xunta:O Goberno galego aproba cambiar a sinalización turística aprobada polo bipartito en 2008. Di Feijóo que a decisión vén dada pola aprobación da Lei do Turismo e tamén por razóns "técnicas" e "de marketing".
Consello da Xunta: Feijóo anuncia a eliminación doutros 25 entes dependentes da Adminstración autonómica. Asegura que ao final da lexislatura haberá a metade dos denominados 'chiringuitos' que cando asumiu o Goberno.
Consello da Xunta: A nova lei que modifica as condicións de traballo do persoal ao servizo da Xunta será "temporal". Terá unha vixencia de dous anos. Inclúe a posibilidade de revisar os soldos dos directivos da Administración pública e das empresas dependentes do Goberno galego.
Novo xoves de mobilizacións en Compostela. Mentres as traballadoras de Alfageme permanecen diante das portas pechadas do Igape, funcionarios e outro persoal da Xunta protesta diante de San Caetano polo plan de recortes que hoxe aproba o Consello. Feijóo explicarao nuns minutos.
O Igape pecha o acceso principal ao edificio para que non entren as traballadoras de Alfageme, segundo fontes próximas ao Instituto de Promoción Económica. As empregadas reclaman da Xunta a execución dos avais para que a conserveira sexa adxudicada a Grupo Consorcio e reanude a actividade