Consello da Xunta:O Goberno galego aproba cambiar a sinalización turística aprobada polo bipartito en 2008. Di Feijóo que a decisión vén dada pola aprobación da Lei do Turismo e tamén por razóns "técnicas" e "de marketing".
Fálase
Consello da Xunta: Feijóo anuncia a eliminación doutros 25 entes dependentes da Adminstración autonómica. Asegura que ao final da lexislatura haberá a metade dos denominados 'chiringuitos' que cando asumiu o Goberno.
Consello da Xunta: A nova lei que modifica as condicións de traballo do persoal ao servizo da Xunta será "temporal". Terá unha vixencia de dous anos. Inclúe a posibilidade de revisar os soldos dos directivos da Administración pública e das empresas dependentes do Goberno galego.
Novo xoves de mobilizacións en Compostela. Mentres as traballadoras de Alfageme permanecen diante das portas pechadas do Igape, funcionarios e outro persoal da Xunta protesta diante de San Caetano polo plan de recortes que hoxe aproba o Consello. Feijóo explicarao nuns minutos.
O Igape pecha o acceso principal ao edificio para que non entren as traballadoras de Alfageme, segundo fontes próximas ao Instituto de Promoción Económica. As empregadas reclaman da Xunta a execución dos avais para que a conserveira sexa adxudicada a Grupo Consorcio e reanude a actividade
Novagalicia Banco debe provisionar 1.600 millóns de euros para facer fronte ao saneamento imposto en risco inmobiliario no último decreto do Goberno, que hoxe se debate no Congreso. En solo, ese provisionamento supera os 700 millóns.
A "suba da contestación social" aos recortes do Goberno de Portugal levan ao gabinete de Passos Coelho a poñer escolta aos ministros de Finanzas e Economía. Cóntao hoxe o Diário de Notícias.
O alcalde de Maceda, Xabier Oviedo, anuncia a súa marcha do BNG xunto aos restantes catro concelleiros que forman o goberno da vila ourensá
Esta mañá o Consello da Xunta aproba o plan de recortes para os empregados públicos. Está previsto que persoal da Xunta se manifeste diante de San Caetano durante a reunión semanal do Goberno galego.
- O Consello da Xunta aproba esta mañá os recortes nas condicións de traballo para os empregados públicos. Prevese unha nova mobilización no exterior de San Caetano