Esta mañá o Consello da Xunta aproba o plan de recortes para os empregados públicos. Está previsto que persoal da Xunta se manifeste diante de San Caetano durante a reunión semanal do Goberno galego.
Fálase
- O Consello da Xunta aproba esta mañá os recortes nas condicións de traballo para os empregados públicos. Prevese unha nova mobilización no exterior de San Caetano
Xa se pode ver na páxina da TV3 o documental Monarquía o República?, emitido este mércores pola noite a pesar das presións diversas que pedían que non se difundise.
Traballadores do xornal grego Eleftherotypia ocupan a empresa e producen o seu propio periódico. Despois de meses de impagos e de que o antigo editor, Serafim Fentanidis, fora detido por evasión de impostos, os 800 traballadores puxéronse en folga en decembro e agora veñen de tomar a decisión de autoxestionar o diario esquerdista, cunha tiraxe inicial de 50 mil exemplares.
Descobren varios dos congresistas norteamericanos favorables á aprobación da lei SOPA descargando filmes a través de BitTorrent dende as IPs das súas oficinas públicas.
O Reino Unido confisca e detén os operadores de RnBXclusive.com (un blog centrado no hip-hop), un dominio rexistrado nos Estados Unidos. A intervención, realizada a través da Serious Organised Crime Agency (SOCA) é a primeira que realiza nunha páxina de fóra do país, seguindo o xa feito polos EE.UU. cando hai un tempo conficara centos de dominios de todo o mundo, entre eles rojadirecta
A Xunta aproba unha emisión de débeda por valor de 76 millóns de euros o mesmo día en que se fixo pública unha nova baixada do rating por parte da axencia Moody's. A cualificación de Galicia queda baixo perspectiva negativa. O BBVA será o encargado de colocar a emisión. No DOG
A economía española, a un paso de entrar en recesión técnica tras a caída de actividade experimentada no terceiro trimestre. Así o acaba de anunciar o Instituto Nacional de Estadística. A nota de prensa podedes lela aquí
O Banco de España impide a investigación das contas dos partidos políticos polo Tribunal de Contas. Máis información en Atlántico Diario
A revista Nature critica con extrema dureza a política de Rajoy en ciencia e I+D. A supresión do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, a redución orzamentaria ou a conxelación de contratación de persoal investigador son algúns dos elementos que levan a prestixiosa revista a concluír que a actual política gobernamental para a ciencia e a investigación pode provocar efectos negativos moi duradeiros sobre a competitividade da economía española.