A Xunta aproba unha emisión de débeda por valor de 76 millóns de euros o mesmo día en que se fixo pública unha nova baixada do rating por parte da axencia Moody's. A cualificación de Galicia queda baixo perspectiva negativa. O BBVA será o encargado de colocar a emisión. No DOG
Fálase
A economía española, a un paso de entrar en recesión técnica tras a caída de actividade experimentada no terceiro trimestre. Así o acaba de anunciar o Instituto Nacional de Estadística. A nota de prensa podedes lela aquí
O Banco de España impide a investigación das contas dos partidos políticos polo Tribunal de Contas. Máis información en Atlántico Diario
A revista Nature critica con extrema dureza a política de Rajoy en ciencia e I+D. A supresión do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, a redución orzamentaria ou a conxelación de contratación de persoal investigador son algúns dos elementos que levan a prestixiosa revista a concluír que a actual política gobernamental para a ciencia e a investigación pode provocar efectos negativos moi duradeiros sobre a competitividade da economía española.
Reuters reafirma a veracidade da súa información sobre as posibles multas da UE ao Goberno español por falsear datos económicos, recollida e analizada en Praza
"Crónica desde Atenas", no blog de Xabier Cordal: unha visión desde dentro da revolta máis importante que está a vivir Europa.
O grupo de Miguel Barros escíndese do PSdeG e inicia contactos co Encontro Irmandiño para confluír no Novo Proxecto Común. Máis información, en Galicia Confidencial.
O PSdeG esixirá no Parlamento a dimisión "da persoa responsable" do concurso de anécdotas co que, tal e como informou Praza Pública, o Sergas conmemorou o seu aniversario. O deputado Francisco Cerviño cre "realmente grave" que Sanidade "convoque semellante parvada" e "reproduza anécdotas desprezativas" na súa web.
Dous concelleiros de Teo agardarán á "decisión do BNG" para determinar se seguen no goberno de Martiño Noriega, que aposta pola "unidade de acción"
A presidenta de Castilla La Mancha, María Dolores de Cospedal, sostén que a reforma laboral é "moi solidaria e xusta para todos". A tamén secretaria xeral do PP fixo estas declaracións nun apuntamento no seu blog