Reuters reafirma a veracidade da súa información sobre as posibles multas da UE ao Goberno español por falsear datos económicos, recollida e analizada en Praza
Fálase
"Crónica desde Atenas", no blog de Xabier Cordal: unha visión desde dentro da revolta máis importante que está a vivir Europa.
O grupo de Miguel Barros escíndese do PSdeG e inicia contactos co Encontro Irmandiño para confluír no Novo Proxecto Común. Máis información, en Galicia Confidencial.
O PSdeG esixirá no Parlamento a dimisión "da persoa responsable" do concurso de anécdotas co que, tal e como informou Praza Pública, o Sergas conmemorou o seu aniversario. O deputado Francisco Cerviño cre "realmente grave" que Sanidade "convoque semellante parvada" e "reproduza anécdotas desprezativas" na súa web.
Dous concelleiros de Teo agardarán á "decisión do BNG" para determinar se seguen no goberno de Martiño Noriega, que aposta pola "unidade de acción"
A presidenta de Castilla La Mancha, María Dolores de Cospedal, sostén que a reforma laboral é "moi solidaria e xusta para todos". A tamén secretaria xeral do PP fixo estas declaracións nun apuntamento no seu blog
Feijóo insiste en que o concurso eólico sairá adiante. "Hai unha posibilidade" de crear 14.000 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros". Pide ás adxudicatarias que non poidan asumir o investimento sen primas que se retiren e cedan o sitio a outras. Non fixo referencia, pola contra, ás negociacións con Madrid para que se manteñan parte das subvencións.
O presidente da patronal, Joan Rosell, felicitouse pola reforma laboral aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy. Iso si, cre que precisará "duns cambios" no futuro. "Este Goberno colleu o touro polos cornos", dixo o empresario
O BNG respóstalle ao PP reclamando "que non utilice como escudo" á familia de Manuel Fraga, xa que "é imposíbel tapar o pasado franquista do ex presidente da Xunta". Os conservadores esixíranlles "desculpas" aos nacionalistas pola participación de Galiza Nova na protesta contra unha homenaxe a Fraga na Universidade de Santiago.
A Comisión Europea vén de anunciar a concesión dunha axuda de 1,6 millóns de euros para recolocar 1.138 desempregados do sector da construción na Comunidade Valenciana. Sae a 1.400 euros por persoa. Segundo a EPA hai 473.000 traballadores deste sector en situación de desemprego.