O grupo de Miguel Barros escíndese do PSdeG e inicia contactos co Encontro Irmandiño para confluír no Novo Proxecto Común. Máis información, en Galicia Confidencial.
Fálase
O PSdeG esixirá no Parlamento a dimisión "da persoa responsable" do concurso de anécdotas co que, tal e como informou Praza Pública, o Sergas conmemorou o seu aniversario. O deputado Francisco Cerviño cre "realmente grave" que Sanidade "convoque semellante parvada" e "reproduza anécdotas desprezativas" na súa web.
Dous concelleiros de Teo agardarán á "decisión do BNG" para determinar se seguen no goberno de Martiño Noriega, que aposta pola "unidade de acción"
A presidenta de Castilla La Mancha, María Dolores de Cospedal, sostén que a reforma laboral é "moi solidaria e xusta para todos". A tamén secretaria xeral do PP fixo estas declaracións nun apuntamento no seu blog
Feijóo insiste en que o concurso eólico sairá adiante. "Hai unha posibilidade" de crear 14.000 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros". Pide ás adxudicatarias que non poidan asumir o investimento sen primas que se retiren e cedan o sitio a outras. Non fixo referencia, pola contra, ás negociacións con Madrid para que se manteñan parte das subvencións.
O presidente da patronal, Joan Rosell, felicitouse pola reforma laboral aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy. Iso si, cre que precisará "duns cambios" no futuro. "Este Goberno colleu o touro polos cornos", dixo o empresario
O BNG respóstalle ao PP reclamando "que non utilice como escudo" á familia de Manuel Fraga, xa que "é imposíbel tapar o pasado franquista do ex presidente da Xunta". Os conservadores esixíranlles "desculpas" aos nacionalistas pola participación de Galiza Nova na protesta contra unha homenaxe a Fraga na Universidade de Santiago.
A Comisión Europea vén de anunciar a concesión dunha axuda de 1,6 millóns de euros para recolocar 1.138 desempregados do sector da construción na Comunidade Valenciana. Sae a 1.400 euros por persoa. Segundo a EPA hai 473.000 traballadores deste sector en situación de desemprego.
O grupo de goberno do Concello de Teo, que dirixe Martiño Noriega, convoca aos medios de comunicación esta tarde. Hoxe tamén se reúne a Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño; sobre a mesa está o futuro dos seus militantes que viñeron desempeñando cargos públicos do BNG.
"La oradora interviene en gallego y pronuncia frases en catalán y euskera" A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, relata que "así resumen os servizos do Parlamento a miña intervención en galego, català e euskera no Plenario". "As cabinas de interpretación de inglés, francés e outras linguas traducírona sen problemas. A española ficou calada. Por iso aparece en branco o espazo onde debería figurar o texto da intervención", sinala