Os colectivos republicanos esixen un novo proceso constituinte. El Diario fala con Unión Cívica por la República, IU Jóvenes ou EQUO
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/516a60b600aa5-plataforma-franquismo-kote-rodrigo-efe_ediima20130413_0159_13.jpg)
Os colectivos republicanos esixen un novo proceso constituinte. El Diario fala con Unión Cívica por la República, IU Jóvenes ou EQUO
Luis Navarro escribe en El Diario que "aínda que a indignación non chegou a converterse en revolta, os últimos acontecementos de 'escrache' demostran o anoxo da sociedade cos políticos. É un exemplo de que a indignación está a píques de rebordar".
O Dépor enlaza o seu cuarto triunfo consecutivo e sae dos postos de descenso despois de 17 xornadas. Derrotou con autoridade 0-4 ao Levante con goles de Valerón, Pizzi, Nelson Oliveira e Bruno Gama. Os coruñeses teñen un punto de vantaxe sobre o Granada, dous sobre o Zaragoza e cinco sobre o Celta. O Lugo caeu na casa antre o Alcorcón 0-1 pero mantense na parte media da táboa.
O Azkar Lugo caeu na casa ante o Umacon Zaragoza 2-3. O Burela derrotou a domicilio o Santiago Futsal 1-2 nunha vitoria moi importante para o equipo mariñao.
Unha manifestación convocada pola Asamblea Republicana de Vigo pedirá a III República este domingo. A marcha partirá ás 12.30 de Urzaiz
UGT escolle Cándido Méndez por sexta vez como máximo dirixente e limita a tres os mandatos do seu secretario xeral
Manuel Álvarez Torneiro e Begoña Caamaño gañan o Premio da Crítica por Os ángulos da brasa (Faktoría K) e Morgana en Esmelle (Galaxia)
Mª Dolores de Cospedal di que as protestas contra os desafiuzamentos son "nazismo puro" porque teñen "espírito totalitario" e "violencia física e verbal". O PP converte un debate sobre a regeneración política nun acto contra os escraches
O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, proporá no Parlamento obrigar as administracións a previr a corrupción
O BNG levará este martes ao Congreso unha proposición de lei que pide a eliminación das deputacións provinciais