#debate2013 Méndez Romeu di que "non é aceptable" que "todos os sectores de Galicia estean peor" despois de cinco anos de goberno de Núñez Feijóo.
Fálase
#debate2013 Pilar Rojo reprende a Beiras por cualificar de "comando de exterminio" ao Goberno e pídelle que o retire. "Non é ningún comando de nada", di.
#debate2013 Beiras reta o PP a convocar eleccións "se están tan seguros" de que manterían a maioría absoluta
#debate2013 Beiras reprocha o "franquismo sen Franco" que, di, supón a reforma local e o poder para as deputacións.
#debate2013 Beiras reclama unha "creba restauradora" e reivindica o debate como "estado da nación" fronte ao "dogma de fe" da "única nación española".
#debate2013 Beiras pregúntase se os dirixentes do PP "carecen de sensibilidade" ante os padecementos da poboación
#debate2013 Beiras reprocha o veto á investigación da traxedia de Angrois e as "vítimas" das políticas de recorte.
#debate2013 Beiras comeza asegurando que "cada vez" que o "señor Núñez anuncia un plan, as boas xentes corren a acubillarse en refuxios anti aéreos"
#debate2013 Conclúe o discurso de Francisco Jorquera e comeza o de Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE
#debate2013 Jorquera di que a "medalla" da paralización de Corcoesto "hai que poñerlla á sociedade" e non ao Goberno galego