Tamén houbo manifestación do 15M en Lugo.
Fálase
Remata na Coruña a marcha que conmemorou o segundo aniversario do movemento 15M.
Rematou a xornada na Terceira galega. Racing, Celta B, Compostela e Dépor B xogarán o play off de ascenso
As Pontes 1-0 Somozas
Ordes 0-1 Compostela
Bergantiños 2-0 Dorneda
Barbadás 0-2 Racing de Ferrol
Celta B 1-0 Vilalonga
Pontevedra 4-2 Betanzos
Narón 3-3 Deportivo B
Céltiga 0-1 Rápido de Bouzas
Negreira 0-1 Alondras
Racing Vilalbés 1-1 CercedaO Celta cae 1-0 ante o Betis nun partido marcado pola arbitraxe. O colexiado anulou por fóra de xogo un gol a Túñez, que se atopaba varios metros por detrás dos últimos defensas. Os celestes deben gañar os dous partidos que lles quedan a agardar múltiples erros dos seus rivais
O profesor Andrew Vanden Heuvel visitou o LHC do CERN cunhas Google Glass coas que lles amosou en directo a experiencia a varios grupos de alumnos.
En Italia o 32% dos votantes do PD ten máis de 65 anos, e o 50% máis de 55, segundo unha sondaxe de Ipsos. Pola contra, o 59% dos votantes do Movemento Cinco Estrelas ten entre 18 e 44 anos.
Centos de marchas en toda España celebran este domingo o segundo aniversario no nacemento do 15M.
Eduardo Alonso (O último cowboy), Andrea Bayer (Fíos) optan a gañar o Premio Max á mellor autoría teatral en galego. Voadora (Tokio 3), é candidata ao espectáculo revelación. Os galardóns entréganse este luns.
Pais, nais, mestres e estudantes protestan en marchas nocturnas contra reforma en educación. A máis numerosa foi a de Madrid, que partiu do Ministerio.
Ana Blanco e o seu equipo de Telediario1 protestan ante TVE pola cobertura da Lei de Costas. A televisión pública emitiu unha reportaxe que non tiña opinións críticas e só presentaba argumentos a favor da reforma