Centos de marchas en toda España celebran este domingo o segundo aniversario no nacemento do 15M.
Fálase
Eduardo Alonso (O último cowboy), Andrea Bayer (Fíos) optan a gañar o Premio Max á mellor autoría teatral en galego. Voadora (Tokio 3), é candidata ao espectáculo revelación. Os galardóns entréganse este luns.
Pais, nais, mestres e estudantes protestan en marchas nocturnas contra reforma en educación. A máis numerosa foi a de Madrid, que partiu do Ministerio.
Ana Blanco e o seu equipo de Telediario1 protestan ante TVE pola cobertura da Lei de Costas. A televisión pública emitiu unha reportaxe que non tiña opinións críticas e só presentaba argumentos a favor da reforma
O estaleiro de Navantia Fene, antes Izar e orixinalmente Astano, cumpre unha década de gradas baleiras. Daquela contaba con 1.100 traballadores. Hoxe son apenas 200.
O Burela proclamouse campión da Primeira División feminina de fútbol sala ao vencer o Atlético de Madrid 5-1.
“A condena de Ríos Montt é vital porque axuda a ampliar o dereito internacional”. Almudena Bernabeu, do equipo xurídico logrou a condena do xenocida guatemalteco Efraín Ríos Montt, explica o significado dunha sentenza histórica
Joan Subirats, Javier Toret, Carlos Delclós e Amador Fernández-Savater analizan en El Pais a evolución do movemento 15M, cando están a piques de facer dous anos do seu nacemento.
El País e El Mundo publican senllas enquisas de intención de voto este domingo. A de El País prevé mínimos históricos para PP (22,5%) e PSOE (20,2%) e un forte ascenso de IU (16,6%). El Mundo, pola súa banda, amplía as diferenzas entre PP (35,4%) e PSOE (25,3%) e outorga un 13,4% a IU.
O Dépor cae derrotado en Valladolid 1-0 e non aproveita os tropezos de Zaragoza e Mallorca. Á espera dos partidos de Celta, Granada e Osasuna, o Deportivo está a dous puntos da salvación