Joan Subirats, Javier Toret, Carlos Delclós e Amador Fernández-Savater analizan en El Pais a evolución do movemento 15M, cando están a piques de facer dous anos do seu nacemento.
Fálase
El País e El Mundo publican senllas enquisas de intención de voto este domingo. A de El País prevé mínimos históricos para PP (22,5%) e PSOE (20,2%) e un forte ascenso de IU (16,6%). El Mundo, pola súa banda, amplía as diferenzas entre PP (35,4%) e PSOE (25,3%) e outorga un 13,4% a IU.
O Dépor cae derrotado en Valladolid 1-0 e non aproveita os tropezos de Zaragoza e Mallorca. Á espera dos partidos de Celta, Granada e Osasuna, o Deportivo está a dous puntos da salvación
O Celta Xuvenil caeu na final da Copa de Campeones ante o Sevilla 3-2. Os celestes non puideron confirmar o extraordinario campionato realizado e perderon ante os hispalenses, que repetiron o triunfo do pasado ano.
O referéndum popular convocado por 75 plataformas en Madrid suma 924.733 votos a favor da sanidade pública e contra os plans de privatización.
Montoro esíxelle a Catalunya unha “clara” rebaixa do seu obxectivo de déficit. Di que "non é negociable" un desfase superior ao 2%, como pide a Generalitat pero que negociará flexibilizar o actual tope do 1,2% do PIB
O Dépor xoga a partir das seis da tarde en Valladolid un partido trascendental para as súas opcións de manterse en Primeira División. Máis de catro mil seareiros desprazáronse á cidade do Pucela.
O PP presentaralles a semana que vén aos tres grupos da oposición a súa proposta para recortar o Parlamento galego a 61 deputados. A súa voceira Paula Prado afirma que a oposición "inventa moitas cortinas de fume"
Víctor Sampedro analiza os resultados electorais de Islandia e destaca que "a lectura interesada dos resultados e concibir a historia de forma lineal impiden ver Islandia como o laboratorio onde se intenta fraguar un cambio estructural de gran calado". E conclúe que os comicios lles deron a vitoria a un Partido Progresista "cunha axenda renovada" e aos "partidos emergentes: formaciones que consiguen representación parlamentaria reclamando cambios de enorme calado y con prácticas políticas innovadoras"
A Asemblea Aberta decidiu por maioría volver pecharse na Facultade de Xeografía e Historia da USC, por mor dos problemas do espazo de estudo que, din, segue habendo na Universidade (@pechehistoria).