A Asemblea Aberta decidiu por maioría volver pecharse na Facultade de Xeografía e Historia da USC, por mor dos problemas do espazo de estudo que, din, segue habendo na Universidade (@pechehistoria).
Fálase
Traballadores de Alimentos Lácteos camiñan até Lugo en protesta pola falta de concreción da Xunta ás hora de apoiar o proxecto para reflotar a empresa
El Corte Inglés pecha unha conta falsa de Twitter, @eIcorteingles, que se burlaba da empresa e que a relacionaba coas fábricas textiles asiáticas: "Ya es primavera en Bangladesh" foi o primeiro tuit.
O Ministerio de Educacion duplica o recorte ás bolsas para o estudantado: caerán un 8,5% e non o 4% como anunciaban os orzamentos.
Máis de 500.000 persoas sacarán partido da nova Lei de Costas, entre eles máis de mil hoteis, tres mil chiringuitos e 1.700 industrias construidas en primeira e segunda liña de costa.
Público reflexiona sobre a relación entre a esquerda política e os movementos sociais e o 15M, cada vez máis estreitas: "¿Un futuro en común?"
As plataformas do movemento 15M convocan varias manifestacións neste domingo, en Madrid, Barcelona, Sevilla ou Valencia, cando fan case dous anos do nacemento do movemento, o 15 de maio de 2011.
O Goberno adía tamén a aprobación da lei do aborto ante a división interna que xera. Saenz de Santamaría matiza a Gallardón e admite que a fórmula está en discusión e será Rajoy o que decida sobre a prohibición do aborto por malformación
Iván Prado recolle o Premi Esperança 2013 polo traballo de Pallasos en Rebeldía en Palestina. O galardón outórgao anualmente a comunidade palestina de Catalunya. Segundo o premiado, "eu son pallaso porque no 2004, cando fun a Gaza, unha nai cos ollos chorosos agradeceume ver o seu fillo rir despois de moitos meses. E aí aprendín que o riso é o alimento da esperanza e a esperanza é o motor da humanidade".
O Goberno central pon a Deputación de Ourense como "exemplo de racionalización do gasto". Cóntao El País.