El Corte Inglés pecha unha conta falsa de Twitter, @eIcorteingles, que se burlaba da empresa e que a relacionaba coas fábricas textiles asiáticas: "Ya es primavera en Bangladesh" foi o primeiro tuit.
Fálase
O Ministerio de Educacion duplica o recorte ás bolsas para o estudantado: caerán un 8,5% e non o 4% como anunciaban os orzamentos.
Máis de 500.000 persoas sacarán partido da nova Lei de Costas, entre eles máis de mil hoteis, tres mil chiringuitos e 1.700 industrias construidas en primeira e segunda liña de costa.
Público reflexiona sobre a relación entre a esquerda política e os movementos sociais e o 15M, cada vez máis estreitas: "¿Un futuro en común?"
As plataformas do movemento 15M convocan varias manifestacións neste domingo, en Madrid, Barcelona, Sevilla ou Valencia, cando fan case dous anos do nacemento do movemento, o 15 de maio de 2011.
O Goberno adía tamén a aprobación da lei do aborto ante a división interna que xera. Saenz de Santamaría matiza a Gallardón e admite que a fórmula está en discusión e será Rajoy o que decida sobre a prohibición do aborto por malformación
Iván Prado recolle o Premi Esperança 2013 polo traballo de Pallasos en Rebeldía en Palestina. O galardón outórgao anualmente a comunidade palestina de Catalunya. Segundo o premiado, "eu son pallaso porque no 2004, cando fun a Gaza, unha nai cos ollos chorosos agradeceume ver o seu fillo rir despois de moitos meses. E aí aprendín que o riso é o alimento da esperanza e a esperanza é o motor da humanidade".
O Goberno central pon a Deputación de Ourense como "exemplo de racionalización do gasto". Cóntao El País.
Un sindicato da Garda Civil reclama "exames psicolóxicos" para os mandos do Instituto Armado en Bizkaia polas súas "taras mentais" e subliña que algúns deles seguen a empregar a expresión "isto con Franco non pasaba". Recólleo El Correo.
O xuíz enmarca na "liberdade de expresión" o escrache a Soraya Sáenz de Santamaría e arquiva a causa. En RTVE.es