Faro de Vigo entrevista José Manuel Estévez, voceiro da plataforma de afectados polas preferentes de Vigo, a piques de disolverse: "Os afectados de preferentes que protestamos recuperamos os cartos; se hai xente pendente, tócalles saír a pelexar"
Fálase
El Diario entrevista Glenn Greenwald, o xornalista que desvelou a espionaxe global da NSA a partir dos documentos de Edward Snowden. Denuncia que a NSA "planea usar información privada para destruír a reputación de certas personas", principalmente "activistas online, hackers, xente comprometida con activismo a través de internet"
O PSOE escollerá o seu secretario ou secretaria xeral a través dun sistema semellante ao utilizado polo PSdeG hai un ano. Haberá consulta a todas as militantes, que non será vinculante, e posteriormente os delegados elixirán nun Congreso quen liderará o partido, seguindo en principio a vontade formulada pola militancia.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, celebrará o vindeiro 13 de xuño en Santiago a súa festa anual, a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, "que é practicamente o mesmo que dicir a noite de Galicia e das novas tecnoloxías", como destaca Código Cero.
ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria iniciaron a recollida de sinaturas para levar a ILP pola Renda Básica ao Congreso, sumando centos de apoios.
O Goberno municipal de Barcelona paraliza o derrubo do centro social Can Vies, despois de catro días de protestas cidadás. Os portavoces do centro social ocupado piden a dimisión do alcalde, Xavier Trias.
As horas ilegais de traballo de 2013 (horas extra por riba do máximo legal das 80 anuais) crearían 289.000 empregos en España, reducindo o paro nun 4,8%, segundo un informe publicado por CC.OO.
Google crea un formulario para que os cidadáns da Unión Europea poidan solicitar a retirada de información dos resultados amosados polo buscador cando consideren que é inadecuada ou irrelevante. A medida responde á sentenza ditada hai dúas semanas polo Tribunal de Xustiza da UE.
Eduardo Madina plántase ante os baróns do PSOE e mantén que se os e as militantes non votan na elección da Secretaría Xeral do partido, el non será candidato.
A Revista Dot lanza unha campaña de crowdfunding para financiar a edición dun libro recompilatorio da ilustracion galega actual cos 50 ilustradores galegos "máis interesantes do momento"