ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria iniciaron a recollida de sinaturas para levar a ILP pola Renda Básica ao Congreso, sumando centos de apoios.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5388a19615329-captura.png)
ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria iniciaron a recollida de sinaturas para levar a ILP pola Renda Básica ao Congreso, sumando centos de apoios.
O Goberno municipal de Barcelona paraliza o derrubo do centro social Can Vies, despois de catro días de protestas cidadás. Os portavoces do centro social ocupado piden a dimisión do alcalde, Xavier Trias.
As horas ilegais de traballo de 2013 (horas extra por riba do máximo legal das 80 anuais) crearían 289.000 empregos en España, reducindo o paro nun 4,8%, segundo un informe publicado por CC.OO.
Google crea un formulario para que os cidadáns da Unión Europea poidan solicitar a retirada de información dos resultados amosados polo buscador cando consideren que é inadecuada ou irrelevante. A medida responde á sentenza ditada hai dúas semanas polo Tribunal de Xustiza da UE.
Eduardo Madina plántase ante os baróns do PSOE e mantén que se os e as militantes non votan na elección da Secretaría Xeral do partido, el non será candidato.
A Revista Dot lanza unha campaña de crowdfunding para financiar a edición dun libro recompilatorio da ilustracion galega actual cos 50 ilustradores galegos "máis interesantes do momento"
O alcalde de Vimianzo denuncia varios cargos da Xunta por prevaricación. A secretaría municipal leva un ano vacante por decisión da Dirección Xeral de Administración Local, o que impide aprobar os orzamentos municipais ou tramitar calquera tipo de licencia urbanística
As plataformas de afectados polas preferentes de Vigo e A Coruña poñen fin a dous anos de loita, destacando que cumpriron boa parte dos seus obxectivos ao recuperar os cartos de boa parte dos seus asociados e asociadas, destaca Faro de Vigo. Outras, coma a do Baixo Miño, seguirán adiante porque "o conflito non rematou"
A investigación da Operación Multiúsos sinala que o Concello de Porriño lle pagou 600.000 euros a unha empresa por traballos nunca realizados, pois os labores eran executados por persoal do Concello
A Asociación Empresarial Eólica afirma que o borrador de Real Decreto de enerxías renovables que, previsiblemente, aprobará este venres o Consello de Ministros contén un erro que suporá un "importante prexuízo" para o sector eólico de até 200 millóns de euros neste ano. O erro refírese á previsión de prezos do mercado eléctrico para 2014.