O PP recúa no último minuto e recibirá a familia de José Couso, o xornalista galego asasinado en Irak.
Fálase
Un centro de maiores de Santiago queda sen obradoiros de memoria gratuítos polos recortes da Xunta. Usuarios e usuarias denuncian que non poden facerlles fronte aos 50 euros que lles cobrarán a partir de agora.
O pleno do Parlamento comeza esta mañá a tramitar a reforma electoral coa que o PP pretende recortar a Cámara. Tamén abordará a alternativa formulada polo BNG. Toda a información, hoxe en Praza.
O Congreso dos Deputados acolle hoxe unha votación secreta sobre o dereito ao aborto a instancias do PSOE.
O Goberno central traballa nunha baixada do IVE para as touradas, segundo adianta El Economista.
Ignacio Escolar traza en El Diario un perfil de Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno central en Galicia durante o Prestige e actual director da Garda Civil. "Mentiu durante a marea negra e volveuno facer agora, coa traxedia de Ceuta", na que morreron 15 persoas migrantes.
O Consello Galego de Universidades aproba que unha universidade privada aragonesa imparta titulacións en Galicia. Fíxoo coa oposición dos tres reitores galegos. En Faro de Vigo
O Porto de Ferrol pagoulles 22.000 a conselleiros que non foron ás xuntanzas. Cóntao El País.
O Ministerio do Interior prohíbe os disfraces de Garda Civil. A través dunha orde publicada no BOE o Goberno central establece que só se poderán utilizar prendas características deste uniforme, como o tricornio, previa autorización ministerial.
A edil de Urbanismo de Santiago, María Pardo, polemiza en Twitter co PSOE local a conta do controvertido acceso a un parking no parque de Galeras. A concelleira reitera que o proxecto, ao que se opoñen as organizacións veciñais do barrio, é equiparable á construción dunha rampla para calquera garaxe particular.