O Goberno central traballa nunha baixada do IVE para as touradas, segundo adianta El Economista.
Fálase
Ignacio Escolar traza en El Diario un perfil de Arsenio Fernández de Mesa, delegado do Goberno central en Galicia durante o Prestige e actual director da Garda Civil. "Mentiu durante a marea negra e volveuno facer agora, coa traxedia de Ceuta", na que morreron 15 persoas migrantes.
O Consello Galego de Universidades aproba que unha universidade privada aragonesa imparta titulacións en Galicia. Fíxoo coa oposición dos tres reitores galegos. En Faro de Vigo
O Porto de Ferrol pagoulles 22.000 a conselleiros que non foron ás xuntanzas. Cóntao El País.
O Ministerio do Interior prohíbe os disfraces de Garda Civil. A través dunha orde publicada no BOE o Goberno central establece que só se poderán utilizar prendas características deste uniforme, como o tricornio, previa autorización ministerial.
A edil de Urbanismo de Santiago, María Pardo, polemiza en Twitter co PSOE local a conta do controvertido acceso a un parking no parque de Galeras. A concelleira reitera que o proxecto, ao que se opoñen as organizacións veciñais do barrio, é equiparable á construción dunha rampla para calquera garaxe particular.
Regresa a edición en español de New Left Review, grazas ao Instituto de Altos Estudios Nacionales de Ecuador. A revista, que deixara de editarse en castelán en 2012, publicará simultaneamente cinco números correspondentes a 2013 e presentará tamén o primeiro de 2014.
As aplicacións galegas Mobem e Abalarmóbil, finalistas dos premios Fundetec, que recoñecen proxectos que facilitan o acceso da cidadanía ás TIC.
A revista Grial celebra os seus 50 anos de historia coa publicación do seu número 200, que inclúe unha serie de reflexións sobre o futuro da nosa cultura. Presenta textos de Marilar Aleixandre, Xoaquín Fernández Leiceaga, Edelmiro López Iglesias, Henrique Monteagudo, X.M.Núñez Seixas, Ramón Villares, Xosé Manuel Dasilva, Dolores Vilavedra, Inma López Silva, Agar Ledo ou Daniel Beiras
O PP négase a reunirse coa familia de José Couso, que manterá unha xuntanza cos grupos parlamentarios para pedirlles que impidan a reforma xudicial que suporía o arquivo da investigación do asasinato do cámara galego.