Regresa a edición en español de New Left Review, grazas ao Instituto de Altos Estudios Nacionales de Ecuador. A revista, que deixara de editarse en castelán en 2012, publicará simultaneamente cinco números correspondentes a 2013 e presentará tamén o primeiro de 2014.
Fálase
As aplicacións galegas Mobem e Abalarmóbil, finalistas dos premios Fundetec, que recoñecen proxectos que facilitan o acceso da cidadanía ás TIC.
A revista Grial celebra os seus 50 anos de historia coa publicación do seu número 200, que inclúe unha serie de reflexións sobre o futuro da nosa cultura. Presenta textos de Marilar Aleixandre, Xoaquín Fernández Leiceaga, Edelmiro López Iglesias, Henrique Monteagudo, X.M.Núñez Seixas, Ramón Villares, Xosé Manuel Dasilva, Dolores Vilavedra, Inma López Silva, Agar Ledo ou Daniel Beiras
O PP négase a reunirse coa familia de José Couso, que manterá unha xuntanza cos grupos parlamentarios para pedirlles que impidan a reforma xudicial que suporía o arquivo da investigación do asasinato do cámara galego.
Así está unha zona próxima á praia de Aviño, despois de que rebordara unha das balsas da canteira do Monte Neme (Carballo). Unha gran masa de auga, lama e pedras arrasou varias leiras en Aviño e Razo da Costa. Imaxe de RadioVoz Bergantiños.
O BNG desprega ante o Parlamento unha pancarta para rexeitar a contrarreforma da Lei do Aborto, no marco da súa campaña pola defensa do dereito á interrupción voluntaria do embarazo.
Hoja de Router analiza os importantes cambios que nos últimos tempos introduciu Google no seu algoritmo e tamén na forma en que realiza as súas procuras. Estas modificacións mudaron radicalmente o posicionamento de moitas webs.
Bautizar co teu nome a próxima borrasca custa 199 euros. A Universidade Libre de Berlín permite darlles nome ás cicloxéneses. Ruth ou Stephanie son persoas reais que pagaron.
O Congreso votará este martes, de forma secreta, unha proposta do PSOE para retirar o anteproxecto de reforma do aborto.
Envorca un camión na autovía A-6, á altura da área de servizo de Guitiriz en sentido Madrid. Esa é unha das zonas do país que está a verse afectada por incidencias derivadas da neve.