O BNG desprega ante o Parlamento unha pancarta para rexeitar a contrarreforma da Lei do Aborto, no marco da súa campaña pola defensa do dereito á interrupción voluntaria do embarazo.
Fálase
Hoja de Router analiza os importantes cambios que nos últimos tempos introduciu Google no seu algoritmo e tamén na forma en que realiza as súas procuras. Estas modificacións mudaron radicalmente o posicionamento de moitas webs.
Bautizar co teu nome a próxima borrasca custa 199 euros. A Universidade Libre de Berlín permite darlles nome ás cicloxéneses. Ruth ou Stephanie son persoas reais que pagaron.
O Congreso votará este martes, de forma secreta, unha proposta do PSOE para retirar o anteproxecto de reforma do aborto.
Envorca un camión na autovía A-6, á altura da área de servizo de Guitiriz en sentido Madrid. Esa é unha das zonas do país que está a verse afectada por incidencias derivadas da neve.
A Policía veta as bandeiras nacionalistas catalás na final da Copa do Rei de baloncesto. Segue así a liña da prohibición ás bandeiras galegas con estrela en diversos recintos deportivos, que segundo o Valedor só é xustificable en casos "excepcionais".
Suiza aproba en referendo limitar a inmigración, que tamén afecta á cidadanía da UE. A proposta aprobouse co 50,3% dos votos e cunha participación do 56,5%.
O Goberno central impón un cambio nos contadores da luz que só beneficia as compañías eléctricas. En El Diario
O Cabido da Catedral de Santiago asegura que o templo "colapsou" e advirte da falta de fondos para as obras. En El País.
O Deportivo da Coruña perde por 1-0 ante o Murcia.