As portadas dos diarios impresos son diversas este domingo. Moitos optan por temas propios, como El País, que recolle as propostas do PSOE para unha eventual reforma da Constitución ou El Mundo, que ofrece unha enquisa de intención de voto.
Fálase
Nova vitoria do Obradoiro, que vén de vencerlle ao Lagun Aro no Fontes do Sar por 71-60
Comeza en Pontevedra o partido da selección galega contra Kurdistán que organiza Siareiros Galegos (foto: @XMriel)
A revista Yo Dona descúlpase pola súa controvertida interpretación das verbas da dona de Rajoy e di "querer e apreciar" o "pobo galego" #nadagallega
A Xunta dá por feita a "viabilidade" de Alcoa tras a nova regulamentación das empresas grandes consumidoras de enerxía, publicada hoxe no BOE
Unha agrupación local das Nuevas Generaciones do PP cualifica de "mártir da democracia" a Ángel Carromero, condenado en Cuba por homicicio imprudente a causa do accidente de tráfico do coche que conducía, no que faleceron dúas persoas. A pena vaina cumprir en España.
Converten a estatua que homenaxea a Manuel Fraga en Cambados en "algo semellante a Batman". Cóntao Cambados.tk
Ás 19:00 comeza en Pontevedra a manifestación previa ao partido da selección galega que organiza Siareiros Galegos.
Unha web satírica sobre a xestión da Xunta elabora "un conto de Nadal" sobre o proceso de fusión das caixas e os problemas de Novagalicia Banco
Os funcionarios traballarán media hora máis ao día dende xaneiro polo mesmo soldo, segundo reflicte hoxe o BOE e recolle El Diario