Imputados catro conselleiros máis de Novacaixagalicia polas polémicas indemnizacións a directivos. Trátase de Mauro Varela, Pilar Cibrán, Salvador Fernández Moreda e Alfonso Zulueta.
Fálase
Faro de Vigo entrevista a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que xustifica que o Sergas non cobra as vacantes dos médicos que se xubilan: "se baixa a poboación é lóxico que repensemos cubrir cada praza de médico"
infoLibre analiza a ponencia política que UPyD debate no seu congreso. A formación de Rosa Díez aposta por reducir o numero de concellos de oito mil a mil, por facilitar as achegas aos fondos de pensións privados, amósase contraria á privatización da sanidade e á Lei de Violencia de Xénero
IU e UPyD rompen co PSOE en Asturias. Os socialistas gobernarán en minoría tras rexeitar reformar a lei electoral
Unha concentración na Coruña amosa o apoio ás mulleres de Ve-la Luz en folga de fame, que acudiron tamén á mobilización.
UPyD anuncia que rompe o seu pacto de lexislatura co PSOE en Asturias despois de que os socialistas votasen en contra da reforma da lei electoral rexional.
Milleiros de portugueses protestan polos Orzamentos ante o Parlamento. “Contra a exploração, exigimos demissão!”, berran os concentrados ante a Cámara lusa.
O rexeitamento do PSOE á reforma electoral pon en perigo o pacto con IU e UPyD en Asturias. Rosa Díez advirte de que "haberá consecuencias" e o goberno do Principado podería pasar á dereita.
AGE denuncia "o uso ideolóxico" que Vicepresidencia fai das axudas a entidades de iniciativa social e critica o financiamento de colectivos como Red Madre, "cunha inserción minúscula na vida social do país".
A desbandada dos deputados do Congreso para gozar da ponte de Santos indigna as redes sociais. Moitos parlamentarios saíron á carreira tras a última votación do xoves para comezar os días libres, tal e como se ve neste vídeo.