O Goberno español secunda a tese dos Estados Unidos sobre Siria e secunda a posibilidade de atacar o país á marxe da ONU. En El Diario.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/522a03013eca2-rajoy-g20-consoliden-recuperacion-espana_ediima20130905_0635_13.jpg)
O Goberno español secunda a tese dos Estados Unidos sobre Siria e secunda a posibilidade de atacar o país á marxe da ONU. En El Diario.
Nova condena a Novagalicia de 104.000 euros polas preferentes. A entidade terá que pagar esta cantidade a dous matrimonios enganados.
A Audiencia bloquea unha conta do ex presidente de Pescanova. Intentou mover máis de 5 millóns de euros á China.
Estudantes, persoal e sindicatos maniféstanse contra os recortes na apertura do curso universitario. Antidisturbios blindan o acto ante as protestas. Máis información, esta tarde en Praza.
O Tribunal Superior de Balears suspende cautelarmente a aplicación do decreto de trilingüismo no ensino impulsado polo Goberno autonómico do PP. O presidente balear, José Ramón Bauzá, apostou por seguir a liña lingüística de, entre outros líderes conservadores, Alberto Núñez Feijóo.
Artur Mas e Mariano Rajoy reuníronse en secreto a semana pasada para abordar, entre outros asuntos, a consulta pola soberanía de Catalunya. Revélao o Diario Ara.
A administración concursal de Pescanova conclúe que a empresa enterrou a súa viabilidade tras destinar máis de 800 millóns a proxectos acuícolas dende 2007. En Faro de Vigo.
O 80% das vendas declaradas por Pescanova en 2011 e 2012 eran ficticias. Así se asegura no informe concursal,
Os diarios La Razón e ABC son os máis beneficiados na adxudicación dunha campaña do Goberno de España contra a violencia de xénero. Cóntao El Diario