Nova condena a Novagalicia de 104.000 euros polas preferentes. A entidade terá que pagar esta cantidade a dous matrimonios enganados.
Fálase
A Audiencia bloquea unha conta do ex presidente de Pescanova. Intentou mover máis de 5 millóns de euros á China.
- O reitor da USC reivindica ante o conselleiro de Educación o valor da investigación e a necesidade de financiamento público da umiversidade. Toda a información, esta tarde en Praza.
Estudantes, persoal e sindicatos maniféstanse contra os recortes na apertura do curso universitario. Antidisturbios blindan o acto ante as protestas. Máis información, esta tarde en Praza.
O Tribunal Superior de Balears suspende cautelarmente a aplicación do decreto de trilingüismo no ensino impulsado polo Goberno autonómico do PP. O presidente balear, José Ramón Bauzá, apostou por seguir a liña lingüística de, entre outros líderes conservadores, Alberto Núñez Feijóo.
Artur Mas e Mariano Rajoy reuníronse en secreto a semana pasada para abordar, entre outros asuntos, a consulta pola soberanía de Catalunya. Revélao o Diario Ara.
A administración concursal de Pescanova conclúe que a empresa enterrou a súa viabilidade tras destinar máis de 800 millóns a proxectos acuícolas dende 2007. En Faro de Vigo.
O 80% das vendas declaradas por Pescanova en 2011 e 2012 eran ficticias. Así se asegura no informe concursal,
Os diarios La Razón e ABC son os máis beneficiados na adxudicación dunha campaña do Goberno de España contra a violencia de xénero. Cóntao El Diario
Ás 12 desta mañá inaugúrase oficialmente en Compostela o curso académico das tres universidades galegas. Está previsto que asista o conselleiro de Educación, pero o acto do Pazo de Fonseca non figura na axenda oficial do presidente da Xunta, que hoxe inaugura un treito da vía Ártabra.