Ás 12 desta mañá inaugúrase oficialmente en Compostela o curso académico das tres universidades galegas. Está previsto que asista o conselleiro de Educación, pero o acto do Pazo de Fonseca non figura na axenda oficial do presidente da Xunta, que hoxe inaugura un treito da vía Ártabra.
Fálase
A Policía de Rianxo leva ao xulgado a unha entidade dependente da Xunta por desatender unha persoa con discapacidade
A candidatura de Madrid leva gastados 100 millóns na xestión dos seus tres intentos por lograr os Xogos Olímpicos. O último gasto foron 43.000 euros en traxes para acudir a Buenos Aires, onde se coñecerá quen organiza os do 2020. En El Diario.
O pasado serán celebrouse en Vigo unha concentración contra a posible invasión e guerra en Siria. Estivo impulsada polo colectivo Mar de Lumes (vídeo: gzvídeos).
O incendio de Ponte Caldelas, activo pero estabilizado, segundo Medio Rural, queimou xa 600 hectáreas. O lume afectou ás parroquias de Castro Barbudo, Anceu e A Insua
Unha vila madrileña mantivo pendurada unha bandeira franquista do balcón do Concello durante o pregón das festas patronais. A veciñanza asegura que é habitual que nestas celebracións se entoe o Cara al sol, segundo recolle El País.
O BNG apoia a Via Catalana no Congreso xunto a deputados de ERC, CDC, Amaiur, CC e PNV. Imaxe de @JoanTarda.
Albada presenta un ERE temporal e unha demanda por folga "ilegal". O conflito na planta de reciclaxe de lixo na Coruña continúa logo de máis dun mes de paro.
Os órganos de representación do persoal universitario, centrais sindicais e organizacións estudantís concentraranse este venres en Compostela coincidindo coa celebración do acto de apertura do curso académico. Ás 11 horas porase en escena unha tesoirada no Obradoiro, e ás 11.30 a protestas chegará ás portas do Pazo de Fonseca, onde se realiza o acto oficial.
O BCE confirma as expectativas e mantén os tipos de interese no 0,5%, mínimo histórico no que se atopan dende maio.