Albada presenta un ERE temporal e unha demanda por folga "ilegal". O conflito na planta de reciclaxe de lixo na Coruña continúa logo de máis dun mes de paro.
Fálase
Os órganos de representación do persoal universitario, centrais sindicais e organizacións estudantís concentraranse este venres en Compostela coincidindo coa celebración do acto de apertura do curso académico. Ás 11 horas porase en escena unha tesoirada no Obradoiro, e ás 11.30 a protestas chegará ás portas do Pazo de Fonseca, onde se realiza o acto oficial.
O BCE confirma as expectativas e mantén os tipos de interese no 0,5%, mínimo histórico no que se atopan dende maio.
#consellodaxunta Feijóo asegura que "o que máis lle preocupa non son as hectáreas que arderon" ata agora, senón "o alto risco" de incendios de setembro e outubro.
#consellodaxunta O Goberno sinala que, a 4 de setembro, o prazo de pagamento a provedores da Administración autonómica está en 31,4 días.
Os organizadores de Madrid 2020 conclúen que o 91% da poboación do Estado apoia o proxecto. Baséanse nunha enquisa realizada con 2.000 chamadas das cales só 800 se realizaron fóra da Comunidade de Madrid.
#consellodaxunta A Xunta asegura que pasou de gastar máis de 10 millóns a apenas 5 o "custo das licenzas informáticas que está utilizando a Xunta". Mantén Feijóo que o Goberno pasará de pagar máis de 2 millóns a algo máis de un millón ao ano a Microsoft.
#consellodaxunta A Xunta regula a "obtención da etiqueta ecolóxica da Unión Europea" para produtos que "procedan ou se comercialicen" en Galicia.
#consellodaxunta Feijóo asegura que de agora en diante a Xunta ofrecerá unha prestación "persoalizada" a cada persoa dependente ou con discapacidade. A carteira de servizos amplíase a persoas menores de 65 anos.
Artur Mas anuncia eleccións plebiscitarias en 2016 se o Goberno central impide a consulta soberanista en 2014. "Se non hai máis remedio, farémolo cunhas eleccións", di o presidente da Generalitat.