#consellodaxunta Feijóo asegura que "o que máis lle preocupa non son as hectáreas que arderon" ata agora, senón "o alto risco" de incendios de setembro e outubro.
Fálase
#consellodaxunta O Goberno sinala que, a 4 de setembro, o prazo de pagamento a provedores da Administración autonómica está en 31,4 días.
Os organizadores de Madrid 2020 conclúen que o 91% da poboación do Estado apoia o proxecto. Baséanse nunha enquisa realizada con 2.000 chamadas das cales só 800 se realizaron fóra da Comunidade de Madrid.
#consellodaxunta A Xunta asegura que pasou de gastar máis de 10 millóns a apenas 5 o "custo das licenzas informáticas que está utilizando a Xunta". Mantén Feijóo que o Goberno pasará de pagar máis de 2 millóns a algo máis de un millón ao ano a Microsoft.
#consellodaxunta A Xunta regula a "obtención da etiqueta ecolóxica da Unión Europea" para produtos que "procedan ou se comercialicen" en Galicia.
#consellodaxunta Feijóo asegura que de agora en diante a Xunta ofrecerá unha prestación "persoalizada" a cada persoa dependente ou con discapacidade. A carteira de servizos amplíase a persoas menores de 65 anos.
Artur Mas anuncia eleccións plebiscitarias en 2016 se o Goberno central impide a consulta soberanista en 2014. "Se non hai máis remedio, farémolo cunhas eleccións", di o presidente da Generalitat.
Hoxe comeza o curso nas escolas infantís da Xunta. As familias téñenlle que facer fronte á suba das tarifas ao mesmo ritmo que o IPC malia á caída de soldos. Só teñen escola de balde as nenas e nenos en cuxa casa non entren máis de 159 euros ao mes.
Unha entidade relixiosa sobe un 70% as tarifas dunha antiga gardaría de Caixa Galicia en Monforte. Cóntao El País.
Compostela e Celta empataron (0-0) nun emotivo partido homenaxe ás vítimas do accidente de tren en Agrois e os cidadáns que axudaron tras o sinistro. Imaxe de @Xoan_Xose.