Alfonso Ussia celebra deste xeito en twitter a sentenza do Prestige: "Los que se indignan con la desgracia de unos berberechos por un accidente, celebran la salida de terroristas por veinte asesinatos"
Fálase
O colectivo cidadán vigués Hoy por ti lanza a iniciativa #apadrinaunrepollo. As achegas económicas que piden serven para apoiar distintos comedores sociais da cidade.
Dez bandas galegas participan no libro-disco Os Bolechas fan unha banda, que este martes se presentou no Teatro García Barbón de Vigo. Entre eles, Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Sés, Transilvanians, The Homens, Eladio y los Seres Queridos, Álex Casanova ou AID
Andalucía garantiralles por lei un mínimo de luz e auga aos perceptores do salario social. A medida terá un custe de 20 millóns de euros.
Este martes pola tarde celebrouse, con moita tensión, unha asemblea de traballadores de Sargadelos, en Cervo. Na xuntanza déronse a coñecer, a petición dos asistentes algúns dos nomes dos 41 despidos previstos nesa fábrica, que emprega 88 persoas.
Podes descargar aquí a sentenza íntegra do xuízo do Prestige. Toda a información, nuns minutos en Praza
O capitán do Prestige, Apóstolos Mangouras, é o único condenado na sentenza do Prestige, pero unicamente por un delicto de desobediencia, polo que o condena a nove meses de prisión, pero non o manda á cadea. A aseguradora London P&I Club, condenada a pagar 22 millóns de euros. No exterior dos xulgados, un grupo de persoas, convocadas por Nunca Máis, protesta.
O fallo absolve de responsabilidade penal ao Goberno español e avala a decisión de afastar o barco da costa. Afirma que "as autoridades españolas contaban co asesoramento correcto" e sinala que "a posibilidade de achegar o barco á costa tería tamén moitos riscos para a zona". "O afastamento foi aceptable. Non foi de ningún xeito imprudente nin unha decisión errónea". O fallo tamén rexeita que o barco seguira un rumbo "errático" ou "suicida"
Comeza a coñecerse a sentenza do xuízo do Prestige. O tribunal absolve o capitán do Prestige, Apostolos Mangouras e o xefe de máquinas do barco. Asegura que o barco non puido soportar o temporal "polo seu estado de consevación", pero tiña os permisos necesarios. Engade que o control da inspección da empresa norteamericana ABS foi "como mínimo non axeitada". Toda a información, nuns minutos en Praza
Unha deputada do PSOE no Congreso presentou 8.116 preguntas en menos de dúas horas para "poñer en evidencia que a medición do traballo dos deputados polo número de iniciativas ou de preguntas que presentan pode ser relativa e enganosa".