Podes descargar aquí a sentenza íntegra do xuízo do Prestige. Toda a información, nuns minutos en Praza
Fálase
O capitán do Prestige, Apóstolos Mangouras, é o único condenado na sentenza do Prestige, pero unicamente por un delicto de desobediencia, polo que o condena a nove meses de prisión, pero non o manda á cadea. A aseguradora London P&I Club, condenada a pagar 22 millóns de euros. No exterior dos xulgados, un grupo de persoas, convocadas por Nunca Máis, protesta.
O fallo absolve de responsabilidade penal ao Goberno español e avala a decisión de afastar o barco da costa. Afirma que "as autoridades españolas contaban co asesoramento correcto" e sinala que "a posibilidade de achegar o barco á costa tería tamén moitos riscos para a zona". "O afastamento foi aceptable. Non foi de ningún xeito imprudente nin unha decisión errónea". O fallo tamén rexeita que o barco seguira un rumbo "errático" ou "suicida"
Comeza a coñecerse a sentenza do xuízo do Prestige. O tribunal absolve o capitán do Prestige, Apostolos Mangouras e o xefe de máquinas do barco. Asegura que o barco non puido soportar o temporal "polo seu estado de consevación", pero tiña os permisos necesarios. Engade que o control da inspección da empresa norteamericana ABS foi "como mínimo non axeitada". Toda a información, nuns minutos en Praza
Unha deputada do PSOE no Congreso presentou 8.116 preguntas en menos de dúas horas para "poñer en evidencia que a medición do traballo dos deputados polo número de iniciativas ou de preguntas que presentan pode ser relativa e enganosa".
Xosé Manuel Beiras confirma en rolda de prensa a renuncia de David Fernández ao seu escano. Culpa a "un grupo de comunicación del asedio mediático a AGE" e non confirma se o seu grupo perderá o escano, ante a negativa de Carmen Iglesias Sueiro a ceder o seu posto a unha deputada de Anova. Máis información, nuns minutos en Praza.
Ás 11 comeza a lectura da sentenza do Prestige. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón. Toda a información, hoxe en Praza.
Ás 11 comeza a lectura da sentenza do Prestige. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón. Toda a información, hoxe en Praza.
Ence pide manter o seu actual emprazamento en Lourizán e apela á importancia económica e social da empresa. "Por que temos que marchar se cumprimos a lei?", di o seu presidente. Este mércores preséntase a manifestación que o vindeiro 23 de novembro pedirá en Pontevedra a marcha de Ence e Elnosa do interior da ría.
José María Castellano rexeita a oferta de La Caixa por Novagalicia Banco que, supostamente, mantería "a galeguidade" da entidade. Segundo El Confidencial, Castellano non quere ser "un presidente floreiro". Porén, La Caixa tamén presiona a Feijoo e gaña puntos ante o FROB