Ás 11 comeza a lectura da sentenza do Prestige. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón. Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
Ás 11 comeza a lectura da sentenza do Prestige. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón. Toda a información, hoxe en Praza.
Ence pide manter o seu actual emprazamento en Lourizán e apela á importancia económica e social da empresa. "Por que temos que marchar se cumprimos a lei?", di o seu presidente. Este mércores preséntase a manifestación que o vindeiro 23 de novembro pedirá en Pontevedra a marcha de Ence e Elnosa do interior da ría.
José María Castellano rexeita a oferta de La Caixa por Novagalicia Banco que, supostamente, mantería "a galeguidade" da entidade. Segundo El Confidencial, Castellano non quere ser "un presidente floreiro". Porén, La Caixa tamén presiona a Feijoo e gaña puntos ante o FROB
O PSOE esixe o cese do director da radiotelevisión de Castela-A Mancha, Ignacio Villa, polo tratamento "humillante, ferinte, macabro e desagradable" dun caso de violencia machista. O informativo da canle empregou imaxes dunha carnicería para ilustrar o crime.
Rajoy e o PP apoian a Wert na súa lea coa UE polo recorte das bolsas Erasmus. A conselleira de Educación de Asturias mantén que, a porta pechada, o ministro culpou as institucións europeas da redución nas axudas
David Fernández Calviño deixará o seu escano, que será ocupado por Carmen Iglesias Sueiro, que pasará a ocupar o grupo mixto do Parlamento. AGE perderá así un dos seus nove deputados.
A autopsia descarta que a violencia fose a causa da morte do home reducido pola Policía en Lugo. Un xulgado abrira unha investigación.
As análises revelan que a vítima do Raval non estaba baixo os efectos de droga ningunha, en contra do afirmado polos Mossos.
AGE impulsa un acordo parlamentario para que a Xunta extreme a atención na inspección fiscal ás grandes fortunas, incluíndo “un plan específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos”. Antón Sánchez sinalou as prácticas de empresarios "como Amancio Ortega e a súa filla" que “realizaron unha serie de operacións artificiosas de transmisión de participacións entre distintas sociedades patrimoniais e SICAV coa finalidade de pagar menos impostos”.