O PSOE esixe o cese do director da radiotelevisión de Castela-A Mancha, Ignacio Villa, polo tratamento "humillante, ferinte, macabro e desagradable" dun caso de violencia machista. O informativo da canle empregou imaxes dunha carnicería para ilustrar o crime.
Fálase
Rajoy e o PP apoian a Wert na súa lea coa UE polo recorte das bolsas Erasmus. A conselleira de Educación de Asturias mantén que, a porta pechada, o ministro culpou as institucións europeas da redución nas axudas
David Fernández Calviño deixará o seu escano, que será ocupado por Carmen Iglesias Sueiro, que pasará a ocupar o grupo mixto do Parlamento. AGE perderá así un dos seus nove deputados.
A autopsia descarta que a violencia fose a causa da morte do home reducido pola Policía en Lugo. Un xulgado abrira unha investigación.
As análises revelan que a vítima do Raval non estaba baixo os efectos de droga ningunha, en contra do afirmado polos Mossos.
AGE impulsa un acordo parlamentario para que a Xunta extreme a atención na inspección fiscal ás grandes fortunas, incluíndo “un plan específico e preferente de inspección dos grandes patrimonios e grupos económicos”. Antón Sánchez sinalou as prácticas de empresarios "como Amancio Ortega e a súa filla" que “realizaron unha serie de operacións artificiosas de transmisión de participacións entre distintas sociedades patrimoniais e SICAV coa finalidade de pagar menos impostos”.
Carlos García Vieito, responsable de @tweet_en_galego, abriu o ciclo de relatorios O galego na vangarda tecnolóxica, organizado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Renfe cre que o maquinista do Alvia sufriu "unha desorientación momentánea" pola conversa mantida co interventor antes do tráxico accidente ferroviario de Angrois.
O Ministerio de Cultura recurtou nun 72,4% as axudas á edición de libros dende 2011, e as editoriais beneficiadas pasaron de ser 275 a só 148.
Eurofund manterá con Concello de Vigo unha xuntanza para "coñecer en que punto estamos". Será, din, o seu derradeiro intento para levar adiante o seu proxecto de Porto Cabral, rexeitado por veciños e comuneiros, e descarta entrar nunha lea xudicial.