Eurofund manterá con Concello de Vigo unha xuntanza para "coñecer en que punto estamos". Será, din, o seu derradeiro intento para levar adiante o seu proxecto de Porto Cabral, rexeitado por veciños e comuneiros, e descarta entrar nunha lea xudicial.
Fálase
Dous estudantes de traballo social chaman ao programa Entre todos, de TVE, para subliñar que a axuda ás persoas que o precisan debería chegar a través dos servizos sociais públicos e reprocharlle á canle pública que "xogue" coas necesidades básicas.
Bruxelas desmente o recorte ás bolsas Erasmus avanzado por Wert. A Comisión Europea cualifica de "lixo" as declaracións do ministro español de Educación. Adiantouno La Vanguardia.
O PP promove no Congreso que o Código Penal aplique sancións máis duras por "agresións" a axentes da policía, que teñen que ter "apoio legal" en "todas as súas accións". Cóntao El Diario
A presidenta do Parlamento retira do diario de sesión a expresión "están saqueando o pobo galego", pronunciada pola nacionalista Ana Pontón durante un debate para retirar o canon da auga. "Aquí ninguén saquea nada", argumenta Pilar Rojo. A información sobre o debate, esta mañá en Praza.
Está circulando pola rede un vídeo, do foro sobre cambio climático da ONU celebrado o pasado ano, no que o xefe da delegación filipina, Naderev Saño, pediu emocionado unha "acción real" para enfrontar este problema, despois de que o seu país leve anos sufrindo devastadoras tormentas e tifóns, con milleiros de mortos.
Investigan a morte dun home en Lugo tras ser reducido por sete axentes de policía. O home, de 33 anos de idade, faleceu ás dúas horas de chegar ao hospital
Nunca Máis concentrarase mañá ante a sede do TSXG con motivo da lectura da sentenza do Prestige ás 11 horas e "contra a impunidade".
O Goberno central descarta que a futura reforma fiscal afecte ás Sicav, as sociedades dos grandes patrimonios que tributan ao 1%. En Cinco Días.
Andalucía e Catalunya valoran crear un banco público para financiar PEMES. A Xunta descarta esta opción, segundo informa Faro de Vigo. Feijóo negou, en resposta ao BNG, que en Europa exista banca pública.