Nunca Máis concentrarase mañá ante a sede do TSXG con motivo da lectura da sentenza do Prestige ás 11 horas e "contra a impunidade".
Fálase
O Goberno central descarta que a futura reforma fiscal afecte ás Sicav, as sociedades dos grandes patrimonios que tributan ao 1%. En Cinco Días.
Andalucía e Catalunya valoran crear un banco público para financiar PEMES. A Xunta descarta esta opción, segundo informa Faro de Vigo. Feijóo negou, en resposta ao BNG, que en Europa exista banca pública.
O Sergas amplía o plan para derivar a centros privados a persoas feridas levemente en accidentes de tráfico. En Faro de Vigo
Sargadelos despedirá 70 persoas tras tres ERE temporais. Recólleo El País.
Wert anuncia un novo recorte europeo nas bolsas Erasmus. Educación cre que o número de estudantes con axuda se reducirá á metade.
O Arcebispado de Granada non ve razóns para retirar o libro Cásate y sé sumisa, que edita na súa tradución ao castelán. A obra, un best seller en Italia, ensina as mulleres a seren "obedientes, leais, xenerosas" e a "sempre colocarse debaixo"
A Xunta entrega a Medalla de Galicia ao socialista Ceferino Díaz a título póstumo. No acto do Parlamento, o secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, lembrou o ex deputado por ser "unha peza clave para o maior autogoberno do país". Á homenaxe acudiron decenas de representantes orgánicos e institucionais para acompañar a familiares e amigos do histórico socialista
Unha veciña de Bergara amosa como usar o voto delegado na consulta que a plataforma Bergara Garbia organizou en contra da recollida do lixo porta a porta, votando no nome de toda a súa familia sen ter o seu consentimento
Besteiro aposta por trasladar á política o "diálogo" existente na sociedade galega. Tras reunirse con Yolanda Díaz o líder do PSdeG contrapón os contactos entre as forzas da oposición coa "unilateralidade" dun Goberno do PP "con risco de quedar só".