Besteiro aposta por trasladar á política o "diálogo" existente na sociedade galega. Tras reunirse con Yolanda Díaz o líder do PSdeG contrapón os contactos entre as forzas da oposición coa "unilateralidade" dun Goberno do PP "con risco de quedar só".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/528108ad50d8f-10797577914_48b48a45ee_b.jpg)
Besteiro aposta por trasladar á política o "diálogo" existente na sociedade galega. Tras reunirse con Yolanda Díaz o líder do PSdeG contrapón os contactos entre as forzas da oposición coa "unilateralidade" dun Goberno do PP "con risco de quedar só".
Un xulgado de Sevilla falla en favor dun funcionario que reclamaba a devolución íntegra da paga extraordinaria de nadal de 2012. A sentenza, a primeira neste senso, afirma que a aplicación das normas foi "anómala e ilegal"
O presidente de Telefónica sentenza en Compostela que "a crise rematou". César Alierta, como Botín, subliña que "en España entran cartos". En El Diario.
David Fernández (CUP) ameaza con tirarlle un zapato a Rato e négalle o saúdo. "Vémonos no infermo, gangster", díxolle na comisión que investiga en Cataluña a súa xestión en Bankia.
Esta mañá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese coa coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz.
As empresas Avante, Canal Uno e Reclam encargaranse das campañas publicitarias da Xunta polo Día das Letras, o Día Nacional de Galicia e outras "datas relevantes" por 1,3 millóns de euros. No anuncio no DOUE o Goberno volve falar de Día de las Letras Gallegas e fala de xornais coa palabra "jornales".
A Liga Estudantil Galega crea o blog Erasmus Galiza para "contactar con todas as estudantes Erasmus" e coas persoas que valoren participar neste programa no futuro. Dado que Wert prevé aplicar os recortes agora adiados, "animamos a sumarse á iniciativa, compartindo artigos, opinións e mobilizacións previstas", así como para "dar mostra da cantidade de estudantes que quedarían" no "desamparo", din.
A Xunta entrega este serán a Medalla de Galicia ao socialista Ceferino Díaz a título póstumo. Será cun acto no Parlamento.
Os aspirantes a liderar o PSOE dan por feito que o proceso de primarias se celebrará entre xullo e outubro de 2014. Besteiro coida que a formación volve estar "á vangarda política" do Estado tras a súa conferencia política.
El Diario repasa os recortes aplicados retroactivamente polo Goberno central que "levan á creba a cidadáns e empresas".