Os aspirantes a liderar o PSOE dan por feito que o proceso de primarias se celebrará entre xullo e outubro de 2014. Besteiro coida que a formación volve estar "á vangarda política" do Estado tras a súa conferencia política.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5280841613d9d-10778086325_bdc6863f06_b-540x370.jpg)
Os aspirantes a liderar o PSOE dan por feito que o proceso de primarias se celebrará entre xullo e outubro de 2014. Besteiro coida que a formación volve estar "á vangarda política" do Estado tras a súa conferencia política.
El Diario repasa os recortes aplicados retroactivamente polo Goberno central que "levan á creba a cidadáns e empresas".
O Racing de Ferrol gaña o derbi galego de 2ªB ante o Celta B en Barreiro (0-1). O Coruxo cae ante o Caudal (3-2), o Ourense empata sen goles en Luanco e o Compostela (1-1) na casa ante o filial do Sporting.
Fútbol. Terceira División.
Betanzos 2 - 5 Somozas
Barbadás 0 - 1 Pontevedra
Laracha 0 - 1 Choco
Bertamiráns 1 - 0 Racing Vilalbés
Alondras 0 - 2 Boiro
Cerceda 5 - 0 Cultural Areas
Arousa 3 - 2 Grixoa
Fabril 0 - 2 Negreira
Rápido de Bouzas 0 - 0 Ordes
As Pontes 3 - 1 Dorneda
Ducias de persoas renden homenaxe aos guerrilleiros antifranquistas Antonio Seoane e Gómez Gayoso no 65º aniversario do seu fusilamento a mans do franquismo. Imaxe de @EUcoruna.
Rubalcaba anuncia primarias abertas no PSOE sen especificar calendario. O secretario xeral dos socialistas di que o seu partido será "feminista, ecoloxista e laico".
Os comuneiros de Cabral din no á negociación con Eurofund. 344 votos apoiaron a negativa fronte aos 297 que aceptaban o proxecto. Máis información, esta tarde en Praza.
O tifón Haiyan podería ter provocado 10.000 mortos nas Filipinas. A ONU fai un chamamento para atender milleiros de persoas.
A Conferencia Política do PSOE apupa a monarquía mentres o seu partido a apoia tras reivindicar a súa "tradición republicana".
O Deportivo gaña en Huelva (0-1) ao Recreativo e sitúase en postos de ascenso directo a Primeira División. O canteiran Insua marcou o único tanto do encontro. En Segunda B, o Coruxo caeu 3-2 ante o Caudal.