Rubalcaba anuncia primarias abertas no PSOE sen especificar calendario. O secretario xeral dos socialistas di que o seu partido será "feminista, ecoloxista e laico".
Fálase
Os comuneiros de Cabral din no á negociación con Eurofund. 344 votos apoiaron a negativa fronte aos 297 que aceptaban o proxecto. Máis información, esta tarde en Praza.
O tifón Haiyan podería ter provocado 10.000 mortos nas Filipinas. A ONU fai un chamamento para atender milleiros de persoas.
A Conferencia Política do PSOE apupa a monarquía mentres o seu partido a apoia tras reivindicar a súa "tradición republicana".
O Deportivo gaña en Huelva (0-1) ao Recreativo e sitúase en postos de ascenso directo a Primeira División. O canteiran Insua marcou o único tanto do encontro. En Segunda B, o Coruxo caeu 3-2 ante o Caudal.
A dirección de Sargadelos e representantes dos traballadores reúnense este luns para comezar a negociar o ERE.
O Sergas capta sanitarios para que recorten gasto a cambio de incentivos. A Xunta estende a Galicia unha iniciativa estatal que permite que estas unidades sexan privatizadas.
O Obradoiro perde ante o Joventut (70-63) mentres que o Breogán venceu o COB Ourense (60-62) a falta de dous segundos no derbi galego da LEB Ouro.
O Celta perde ante o Rayo (0-2) e segue sen gañar en Balaídos. Os de Luis Enrique non puideron cun rival moito máis efectivo.
O Lugo empata (1-1) ante o Murcia no Anxo Carro. O coruñés Carlos Pita acadou o gol da igualada ao pouco do final do partido.