David Fernández (CUP) ameaza con tirarlle un zapato a Rato e négalle o saúdo. "Vémonos no infermo, gangster", díxolle na comisión que investiga en Cataluña a súa xestión en Bankia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5280effdd45f2-byzgm_hciaab_ns.png)
David Fernández (CUP) ameaza con tirarlle un zapato a Rato e négalle o saúdo. "Vémonos no infermo, gangster", díxolle na comisión que investiga en Cataluña a súa xestión en Bankia.
Esta mañá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese coa coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz.
As empresas Avante, Canal Uno e Reclam encargaranse das campañas publicitarias da Xunta polo Día das Letras, o Día Nacional de Galicia e outras "datas relevantes" por 1,3 millóns de euros. No anuncio no DOUE o Goberno volve falar de Día de las Letras Gallegas e fala de xornais coa palabra "jornales".
A Liga Estudantil Galega crea o blog Erasmus Galiza para "contactar con todas as estudantes Erasmus" e coas persoas que valoren participar neste programa no futuro. Dado que Wert prevé aplicar os recortes agora adiados, "animamos a sumarse á iniciativa, compartindo artigos, opinións e mobilizacións previstas", así como para "dar mostra da cantidade de estudantes que quedarían" no "desamparo", din.
A Xunta entrega este serán a Medalla de Galicia ao socialista Ceferino Díaz a título póstumo. Será cun acto no Parlamento.
Os aspirantes a liderar o PSOE dan por feito que o proceso de primarias se celebrará entre xullo e outubro de 2014. Besteiro coida que a formación volve estar "á vangarda política" do Estado tras a súa conferencia política.
El Diario repasa os recortes aplicados retroactivamente polo Goberno central que "levan á creba a cidadáns e empresas".
O Racing de Ferrol gaña o derbi galego de 2ªB ante o Celta B en Barreiro (0-1). O Coruxo cae ante o Caudal (3-2), o Ourense empata sen goles en Luanco e o Compostela (1-1) na casa ante o filial do Sporting.
Fútbol. Terceira División.
Betanzos 2 - 5 Somozas
Barbadás 0 - 1 Pontevedra
Laracha 0 - 1 Choco
Bertamiráns 1 - 0 Racing Vilalbés
Alondras 0 - 2 Boiro
Cerceda 5 - 0 Cultural Areas
Arousa 3 - 2 Grixoa
Fabril 0 - 2 Negreira
Rápido de Bouzas 0 - 0 Ordes
As Pontes 3 - 1 Dorneda
Ducias de persoas renden homenaxe aos guerrilleiros antifranquistas Antonio Seoane e Gómez Gayoso no 65º aniversario do seu fusilamento a mans do franquismo. Imaxe de @EUcoruna.