Está circulando pola rede un vídeo, do foro sobre cambio climático da ONU celebrado o pasado ano, no que o xefe da delegación filipina, Naderev Saño, pediu emocionado unha "acción real" para enfrontar este problema, despois de que o seu país leve anos sufrindo devastadoras tormentas e tifóns, con milleiros de mortos.
Fálase
Investigan a morte dun home en Lugo tras ser reducido por sete axentes de policía. O home, de 33 anos de idade, faleceu ás dúas horas de chegar ao hospital
Nunca Máis concentrarase mañá ante a sede do TSXG con motivo da lectura da sentenza do Prestige ás 11 horas e "contra a impunidade".
O Goberno central descarta que a futura reforma fiscal afecte ás Sicav, as sociedades dos grandes patrimonios que tributan ao 1%. En Cinco Días.
Andalucía e Catalunya valoran crear un banco público para financiar PEMES. A Xunta descarta esta opción, segundo informa Faro de Vigo. Feijóo negou, en resposta ao BNG, que en Europa exista banca pública.
O Sergas amplía o plan para derivar a centros privados a persoas feridas levemente en accidentes de tráfico. En Faro de Vigo
Sargadelos despedirá 70 persoas tras tres ERE temporais. Recólleo El País.
Wert anuncia un novo recorte europeo nas bolsas Erasmus. Educación cre que o número de estudantes con axuda se reducirá á metade.
O Arcebispado de Granada non ve razóns para retirar o libro Cásate y sé sumisa, que edita na súa tradución ao castelán. A obra, un best seller en Italia, ensina as mulleres a seren "obedientes, leais, xenerosas" e a "sempre colocarse debaixo"
A Xunta entrega a Medalla de Galicia ao socialista Ceferino Díaz a título póstumo. No acto do Parlamento, o secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, lembrou o ex deputado por ser "unha peza clave para o maior autogoberno do país". Á homenaxe acudiron decenas de representantes orgánicos e institucionais para acompañar a familiares e amigos do histórico socialista