Remata a xuntanza do Eurogrupo, moi dividido entre o grupo de países que se negan a negociar a proposta grega, encabezados por Alemaña, e aqueles que lle piden "flexibilidade" a Merkel, sobre todo Francia e Italia. O Consello Europeo cancelou o cumio de xefes de Estado e de Goberno prevista para esta tarde.
Fálase
A asociación animalista Libera! e a Fondation Franz Weber trasladaranlle á Comisión Europea 120 denuncias de casos de cans encadeados e en malas condicións hixiénico-sanitarias en Galicia, recibidas a través da web Sen Cadeas. En toda España as denuncias ascenderon a máis de 500.
Morre, aos 71 anos de idade, Javier Krahe. O cantautor sufriu un infarto na súa casa de Zahara de los Atunes (Cádiz)
A concesión dun terceiro rescate a Grecia divide os países do euro. Francia e Italia apostan por ser flexibles, o mesmo que España ou Holanda. Pola contra, Alemaña, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia e os países bálticos néganse a aceptar a proposta de Atenas.
A Marea Atlántica afirma que apoiará o cambio na Deputación da Coruña e insta a PSdeG-PSOE e BNG "a chegar a un entendemento sobre a persoa" que debería presidila.
PSOE e PP votan contra a proposta de Marea Atlántica para organizar o Concello. Xulio Ferreiro critícaos por estar só en desacordo coas retribucións e o número de asesores
Controlado un incendio en Sober tras arrasar máis de 20 hectáreas
Alemaña considera que as propostas presentadas polo Goberno grego "non son suficientes". A troika cre que Atenas pode necesitar entre 72.000 e 81.000 millóns de euros, e cando menos 25.000 millóns para sanear a banca
Rajoy apela ao voto do medo na conferencia política do PP, alertando de que unha vitoria da esquerda nas eleccións xerais suporía "volver ao pesadelo". Os populares iniciarán mecanismos para que os seus candidatos sexan elexidos pola súa militancia
Nun artigo publicado en The Guardian, Varoufakis acusa os acreedores de manter unha débeda insostible para controlar politicamente Grecia. Engade que Alemaña quere o Grexit "para despois someter a Francia e impoñerse en Europa"