A concesión dun terceiro rescate a Grecia divide os países do euro. Francia e Italia apostan por ser flexibles, o mesmo que España ou Holanda. Pola contra, Alemaña, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia e os países bálticos néganse a aceptar a proposta de Atenas.
Fálase
A Marea Atlántica afirma que apoiará o cambio na Deputación da Coruña e insta a PSdeG-PSOE e BNG "a chegar a un entendemento sobre a persoa" que debería presidila.
PSOE e PP votan contra a proposta de Marea Atlántica para organizar o Concello. Xulio Ferreiro critícaos por estar só en desacordo coas retribucións e o número de asesores
Controlado un incendio en Sober tras arrasar máis de 20 hectáreas
Alemaña considera que as propostas presentadas polo Goberno grego "non son suficientes". A troika cre que Atenas pode necesitar entre 72.000 e 81.000 millóns de euros, e cando menos 25.000 millóns para sanear a banca
Rajoy apela ao voto do medo na conferencia política do PP, alertando de que unha vitoria da esquerda nas eleccións xerais suporía "volver ao pesadelo". Os populares iniciarán mecanismos para que os seus candidatos sexan elexidos pola súa militancia
Nun artigo publicado en The Guardian, Varoufakis acusa os acreedores de manter unha débeda insostible para controlar politicamente Grecia. Engade que Alemaña quere o Grexit "para despois someter a Francia e impoñerse en Europa"
As industrias lácteas negáronse a acudir á xuntanza á que estaban convocadas este venres con sindicatos, distribución e Xunta para buscar solucións á crítica situación do sector. As organizacións de produtores denuncian que xa en abril 2.571 contratos fixaban o prezo de recollida por debaixo dos 26 céntimos por litro.
Dirixentes de IU, Equo, candidaturas de unidade popular e movementos sociais, asinates na súa maioría de Ahora en Común, pídenlle a Podemos un proceso de confluencia para as eleccións xerais no acto Imaxinas todos xuntos?
O Parlamento grego aproba por ampla maioría a proposta do Goberno para solicitar o rescate. A proposta, con renuncias no IVE e sobre todo nas pensións, recibiu 251 votos a favor, 32 en contra e 8 abstencións. Algúns significados deputados de Syriza abstivéronse. Tsipras defende que a proposta sitúa a Grecia nunha boa posición para negociar unha reestruturación da débeda.