Ao remate da manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes gardouse un minuto de silencio polo falecemento dun destes aforradores en Melide, que segundo os convocantes se tería suicidado pola súa sítuacíón económíca. Sería o primeiro suicidio en Galicia dun afectado polas preferentes.
Fálase
A marea cidadá do #23F percorre as rúas da Coruña. Varios milleiros de persoas participan na manifestación.
Nuns minutos comezará, no Obelisco da Coruña, a primeira das manifestacións convocadas este #23F en protesta contra o "golpe de estado financeiro". Pódese seguir en streaming nesta ligazón.
A manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes percorre xa o centro da Coruña
Iñaki Anasagasti afirma no seu blog que o rei Juan Carlos sabía con anterioridade ao 23F que se ía producir un golpe de Estado. O ex deputado transcribe unhas supostas notas que Sabino Fernández Campo lle entregou sobre o sucedido aquel día na Zarzuela
O BNG organiza unha xornada este sábado no Hotel Araguaney de Compostela baixo o título Os procesos de soberanía das nacións europeas. Comezará ás 11.30h. e participarán Guillerme Vázquez, Oriol Junqueras, Ana Miranda e eurodeputados do Scottish National Party, Plaid Cymru e do Partido Nacionalista Corso
O rei asume que Urdangarin debe ir ao cárcere para que a monarquía se salve, segundo publica esta mañá El Diario. Para a Casa Real, segundo aseguran dende o Goberno, "a infanta Cristina é a liña vermella". A abdicación do rei é cada día máis probable pola mala saúde do monarca e polo escándalo Urdangarin
Toxo, reelexido secretario xeral de CC.OO. co apoio do 85,6% dos delegados
A plataforma En positivo, por un Novo Proxecto Socialista Galego reúnese este sábado en Pontevedra na que é a súa segunda xuntanza de traballo logo da celebrada a comezos de xaneiro en Lalín
Moody’s quitalle ao Reino Unido a triple A. En novembro retiráralle tamén a máxima cualificación a Francia.