A plataforma En positivo, por un Novo Proxecto Socialista Galego reúnese este sábado en Pontevedra na que é a súa segunda xuntanza de traballo logo da celebrada a comezos de xaneiro en Lalín
Fálase
Moody’s quitalle ao Reino Unido a triple A. En novembro retiráralle tamén a máxima cualificación a Francia.
Ás 11.30 da mañá comezará na Coruña, diante da sede da Delegacion do Goberno, unha nova manifestación convocada polas plataformas de afectados polas preferentes.
O Concello de Donosti amparará os seus funcionarios que non colaboren na execución de desafiuzamentos e priorizará as relacións coas entidades bancarias que non os realicen. No Diario Vasco.
O alcalde da localidade catalá de Sant Hilari dimite pola súa imputación no caso Manga, que tamén lle afecta ao Concello de Santiago. Tamén dimite o secretario de organización de ERC, citado a declarar no mesmo caso aínda que sen estar imputado. Cóntao o diario Ara
Ademais dos datos patrimoniais dos membros do Goberno galego, a Xunta pendura dende hoxe as declaracións da renda de Feijóo de 2008 a 2011 e as certificacións das súas nóminas do ano 2012. Pódense consultar aquí
O alcalde de Santiago anunciou hoxe a reestruturación do seu equipo de goberno, derivada da marcha de Paula Prado e da dimisión de Albino Vázquez, en liberdade baixo fianza polo caso Manga. Cando menos de momento, non contempla a introdución de edís non electos.
O BNG propón iniciativas no Congreso en favor da autodeterminación, un novo sistema de financiamento autonómica, a dación en pagamento, e para derrogar a reforma laboral, as taxas xudiciais e copagamento. Os nacionalistas rexistraron unha resolución na que concentran as súas peticións
Barbijaputa analiza en El Diario a UPyD do que di que "non é nin de esquerdas nin de dereitas, UPyD é o que ti queiras que sexa, o que ti necesites". E engade que só ten tres ideas: "ETA debe desaparecer, Cataluña NON se pode independizar e os coches oficiais son ETA, ergo deben desaparecer".
O grupo municipal do PP de Oia anuncia a súa intención de abandonar o Partido Popular e pasar ao grupo mixto se a formación non muda a súa actitude con respecto á estafa das preferentes e subordinadas. Xulio Vicente, voceiro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, considera que é "unha decisión lóxica". Máis información nuns minutos en Praza.