Barbijaputa analiza en El Diario a UPyD do que di que "non é nin de esquerdas nin de dereitas, UPyD é o que ti queiras que sexa, o que ti necesites". E engade que só ten tres ideas: "ETA debe desaparecer, Cataluña NON se pode independizar e os coches oficiais son ETA, ergo deben desaparecer".
Fálase
O grupo municipal do PP de Oia anuncia a súa intención de abandonar o Partido Popular e pasar ao grupo mixto se a formación non muda a súa actitude con respecto á estafa das preferentes e subordinadas. Xulio Vicente, voceiro da Plataforma de Afectados do Baixo Miño, considera que é "unha decisión lóxica". Máis información nuns minutos en Praza.
A Comisión Europea prevé que a economía española caia un 1,4% en 2013 e o Goberno anticipa unha caída do 0,5%. Lainformacion.com analiza as previsións erradas de todos os organismos nos últimos anos
A Comisión Europea eleva ao 10,2% o déficit público de España en 2012 contando coas axudas á banca. A cifra sen estes cartos sería do 6,7% do PIB. O comisario Olli Rehn prevé que en 2013 baixe até o 6,7% e que suba en 2014 até o 7,2%. Afirma que a taxa de paro chegará ao 26,9% en 2013 en España.
Pecha Minileaks. Naceu en xullo de 2011 como unha plataforma para a denuncia de calquera práctica que vulnerase os principios éticos fundamentais. A razón do peche é a imposibilidad de facer “sostible” economicamente “o esforzo necesario para facer un traballo periodístico rigoroso”.
Os promotores da recollida de sinaturas online para pedir a dimisión da cúpula do PP entregaron simbolicamente as rúbricas na sede do partido
Segundo unha sondaxe que este venres publica El Mundo Rajoy derrotou a Rubalacaba por unha ampla marxe no debate sobre o estado da nación. Foi o debate de politica xeral con menos audiencia da televisión en toda a historia.
O PSdeG convoca unha vixilia polo sector naval de Ferrol este sábado pola noite. Será nas portas de Bazán e precederá á manifestación convocada polos comités de empresa para o domingo pola mañá.
Fernández Lores protagonizou o acto político que, baixo o nome Galiza, contra un sistema cruel e corrupto, organizou o grupo municipal do BNG en Pontevedra. Afirmou que dende o Concello "estamos dando boas leccións de como a política pode ser outra cousa"
Vigo converterase na primeira cidade de Galicia en prohibir os circos con animais. Unirase a unha ducia de concellos e vilas galegas que o fixeron nos últimos meses.