O PSdeG convoca unha vixilia polo sector naval de Ferrol este sábado pola noite. Será nas portas de Bazán e precederá á manifestación convocada polos comités de empresa para o domingo pola mañá.
Fálase
Fernández Lores protagonizou o acto político que, baixo o nome Galiza, contra un sistema cruel e corrupto, organizou o grupo municipal do BNG en Pontevedra. Afirmou que dende o Concello "estamos dando boas leccións de como a política pode ser outra cousa"
Vigo converterase na primeira cidade de Galicia en prohibir os circos con animais. Unirase a unha ducia de concellos e vilas galegas que o fixeron nos últimos meses.
Unha cadea humana protesta nestes momentos "contra a especulación" na Coruña
A esta hora celébranse nas principais localidades do país as concentracións unitarias na defensa dos servizos públicos. Na imaxe, a concentración de Compostela. (foto: CIG)
A Cidade da Cultura estivo á venda durante dous días nun portal inmobiliario de internet. A persoa que subiu o anuncio destacaba que "se trata dunha obra á última", ideal para "países con posibles". A web Fotocasa xa retirou o anuncio, pero aínda é posible consultalo nesta ligazón.
A Plataforma das Artes Escénicas protesta a esta hora nas inmediacións da Cidade da Cultura, onde se entregan os Premios da Cultura Galega a partir das 19:00 nun acto presidido por Feijóo. No complexo está despregado un forte dispositivo policial.
Bárcenas declarou ante notario o pasado decembro que tiña unha conta coas doazóns ao PP. Cóntao La Información.
Unha actualización de software deixou sen comunicacións por tres horas a Estación Espacial Internacional
A Plataforma das Artes Escénicas concentrarase na rotonda de acceso ao Gaiás a partir das 18 horas en protesta pola paralización do sector e a falta de solucións por parte da Xunta. A protesta precederá ao acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2012.