A Plataforma das Artes Escénicas protesta a esta hora nas inmediacións da Cidade da Cultura, onde se entregan os Premios da Cultura Galega a partir das 19:00 nun acto presidido por Feijóo. No complexo está despregado un forte dispositivo policial.
Fálase
Bárcenas declarou ante notario o pasado decembro que tiña unha conta coas doazóns ao PP. Cóntao La Información.
Unha actualización de software deixou sen comunicacións por tres horas a Estación Espacial Internacional
A Plataforma das Artes Escénicas concentrarase na rotonda de acceso ao Gaiás a partir das 18 horas en protesta pola paralización do sector e a falta de solucións por parte da Xunta. A protesta precederá ao acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2012.
#consellodaxunta Mañán serán públicos os datos da declaración da Renda de Feijóo e os datos patrimoniais do resto dos membros do Goberno.
#consellodaxunta Relevo no gabinete de comunicación de Feijóo. Alfonso Cabaleiro deixa de ser o secretario xeral de Medios da Xunta. Este cargo asúmeo Mar Sánchez Sierra, ata agora directora xeral de Comunicación. O novo director xeral é Lucas Martinón, ata agora xefe de comunicación do presidente da Xunta.
#consellodaxunta A oferta pública de emprego (OPE) de Educación terá 222 prazas, 200 delas para o corpo de mestres e as restantes, de inspección.
#consellodaxunta Feijóo asegura que o absentismo entre o persoal da Xunta se reduciu un 42% entre 2009 e 2012, o que permitiu "aforrar 26 millóns de euros".
O deputado de Compromís-Equo Joan Baldoví amósalle a Rajoy "catro sobres que resumen o seu ano infame". Denuncia as promesas incumpridas, o "goberno para os bancos" ou o confetti de Ana Mato. Pide "reiniciar a democracia"
Verónica Boquete lanza unha recollida de sinaturas para que os videoxogos FIFA inclúan xogadoras e equipos femininos. A iniciativa da futbolista galega acumula case 15.000 firmas.