Verónica Boquete lanza unha recollida de sinaturas para que os videoxogos FIFA inclúan xogadoras e equipos femininos. A iniciativa da futbolista galega acumula case 15.000 firmas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5125f1245c547-4f3c0a4ec8960-vero2.jpg)
Verónica Boquete lanza unha recollida de sinaturas para que os videoxogos FIFA inclúan xogadoras e equipos femininos. A iniciativa da futbolista galega acumula case 15.000 firmas.
O Grupo de Teatro Airiños tampouco asistirá á entrega dos Premios da Cultura Galega, que se entregan este xoves pola noite na Cidade da Cultura, en apoio dos traballadores das artes escénicas e musicais. Foi o premiado na categoría das Artes Escénicas “polo traballo desenvolvido desde a súa creación, no ano 1933". Súmase así á Asociación Internacional de Estudos Galegos.
O Centre d'Estudis d'Opinió da Generalitat amosa un forte descenso de CiU no seu último barómetro, con subidas de ERC, que superaría a coalición conservadora en intención de voto directa, CUP e Ciutadans. CiU obtería 40-42 deputados, ERC 27-28, PSC 19-20, PP 16-17, ICV-EUiA 12-13, C's 11-12 e CUP 4-6.
La Tuerka comezou hai uns días unha campaña de crowdfunding para mellorar os seu equipos e a estrutura do progama de debate político que se emite en Tele-K e Canal33. Propuxeran chegar a seis mil euros e xa superan os nove mil
O BNG pendura en Internet as teses que debaterá na súa XIV Asemblea Nacional, que se celebra o 17 de marzo
Varias persoas volveron pasar a noite no portal da vivenda de Aurelia Rey. As mobilizacións continúan hoxe logo de que non se paralizase a orde desafiuzamento sobre a anciá de 85 anos e Stop Desahucios decidise manter a protesta.
Os parlamentarios que visitaron as rías galegas advirten da súa mala situación. Cualifican de "inmundicia" a situación da ría do Burgo na Coruña.
Falece o pintor Jorge Peteiro. O artista coruñés, autor dunha sinxela e colorida iconografía, morre de cancro aos 53 anos.
Despois de meses de traballo e traducións Twitter xa se pode utilizar en galego. Para mudar a lingua abonda con ir a Ferramentas > Axustes > Conta > Lingua.
O primeiro secretario do PSC, Pere Navarro, reclamou este mércores a abdicación do rei Juan Carlos e pediulle ao Príncipe que lidere unha "segunda transición". O PSOE desmarcouse xa destas declaracións e as xuventudes do PSC criticaron que non apostase polo republicanismo.