Un senador celebra a reforma da lei porque o aborto "é unha forma de violencia de xénero". O voceiro de Educación no Senado defende o anteproxecto de lei presentado polo Goberno.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52b5a6ffc70bc-senador-pp-violencia-rajoy-cumplido_ediima20131220_0617_4.jpg)
Un senador celebra a reforma da lei porque o aborto "é unha forma de violencia de xénero". O voceiro de Educación no Senado defende o anteproxecto de lei presentado polo Goberno.
Dimiten catro membros da Comisión Permanente de Anova, segundo anuncia Antón López Dobao na súa conta de Twitter. El mesmo, xunto a Mar Blanco, Xiana López e Xurxo Martínez decidiron abandonar a dirección da formación un día despois de que Martiño Noriega abandonase o posto de coordinador nacional.
Varias portadas de xornais celebran a reforma da lei do aborto con duros titulares. La Gaceta, La Razón ou ABC falan do "triunfo da vida" ou de que "matar volve ser delito en España".
Lendoiro sofre unha derrota histórica na xunta de accionistas do Deportivo, que bota abaixo as contas por primeira vez en 25 anos. Os contrarios á xestión do actual presidente superaron en máis de 7.000 accións aos que a apoiaron.
Banesco promete unha solución para as preferentes en noventa días. Anuncia unha saída para os afectados, que reclaman 500 millóns de euros, e iniciar así unha etapa "sen problemas de tipo ningún".
Un xuíz recrimina que Adif non lle entregue os documentos que lle reclama e insiste en saber por que sinalizaba freadas bruscas e non a curva de Angrois.
Unha débeda con Novagalicia ameaza un piso para enfermos de sida en Ourense. A asociación reclama a condonación da débeda porque os intereses obrigan a desviar diñeiro destinado aos enfermos.
Múltiples manifestacións en todo o Estado contra a reforma da lei do aborto aprobado polo Consello de Ministros. Gallarrdón, principal obxectivo das críticas.
Xa están a celebrarse en Galicia e noutros puntos do Estado as concentracións contra a contrarreforma da lei do aborto #FeminismoGalego #Alertafeminista (foto: @bngcompostela)
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto lembra as mobilizacións desta tarde para rexeitar a contrarreforma do Goberno central. Todas son ás 19:00.
Vigo: Marco
Coruña: Obelisco
Ourense: Casa do Concello
Compostela: sede do PP (Alfredo Brañas)
Ferrol: Casa do Concello
Lugo: Subdelegación do Goberno
Pontevedra: Praza da Peregrina)
A Mariña: Casa do Concello de Ribadeo
Cangas: Casa do Concello