Cinco grandes incendios permanecen activos en Galicia, segundo informa Medio Rural. Vimianzo, Viana do Bolo ou Pereiro de Aguiar sofren os máis grandes.
Fálase
Negreira renuncia ao seu soldo no Concello da Coruña para cobrar case o dobre na Deputación. Percibirá unha das dúas dedicacións exclusivas do PP no ente provincial, segundo conta La Opinión.
Grecia anuncia un acordo cos seus acredores sobre o terceiro rescate. O ministro de Finanzas matiza que tan só quedan "dous ou tres asuntos menores pendentes".
Podemos Madrid propón incluír persoas independentes nas listas das xerais. O Consello Cidadán aproba que se reserven postos para persoeiros que non teñan participado nas primarias.
O CSD dálle a razón ao COB e exixe a ACB que o inscriba. Entende que a actuación da Liga non se axustou a dereito coa exclusión do equipo galego.
Falece Luís Rei, escritor, político, activista cultura e biógrafo de Ramón Cabanillas.
Unha masiva tractorada percorre Arzúa en defensa do sector leiteiro e por uns prezos xustos. A convocatoria volve ser un éxito. Máis información, hoxe en Praza.
Soria e Wert pasan as vacacións en Punta Cana convidados por un hoteleiro con licenza ilegal nas Canarias. O establecemento é o propietario do Grupo Martinón.
A UDC reduce en case un terzo as bolsas de formación pola súa crise económica e culpa da situación aos recortes da Xunta. Os estudantes recibirán 180 euros ao mes en lugar dos 250 previstos.
O galego Veloso gaña a súa segunda Volta a Portugal consecutiva. O tamén galego Álex Marque ocupou o terceiro caixón do podio.