Podemos Madrid propón incluír persoas independentes nas listas das xerais. O Consello Cidadán aproba que se reserven postos para persoeiros que non teñan participado nas primarias.
Fálase
O CSD dálle a razón ao COB e exixe a ACB que o inscriba. Entende que a actuación da Liga non se axustou a dereito coa exclusión do equipo galego.
Falece Luís Rei, escritor, político, activista cultura e biógrafo de Ramón Cabanillas.
Unha masiva tractorada percorre Arzúa en defensa do sector leiteiro e por uns prezos xustos. A convocatoria volve ser un éxito. Máis información, hoxe en Praza.
Soria e Wert pasan as vacacións en Punta Cana convidados por un hoteleiro con licenza ilegal nas Canarias. O establecemento é o propietario do Grupo Martinón.
A UDC reduce en case un terzo as bolsas de formación pola súa crise económica e culpa da situación aos recortes da Xunta. Os estudantes recibirán 180 euros ao mes en lugar dos 250 previstos.
O galego Veloso gaña a súa segunda Volta a Portugal consecutiva. O tamén galego Álex Marque ocupou o terceiro caixón do podio.
Concellos e deputacións gastaron un 84% máis en obras en vésperas das eleccións, ao tempo que recortaron en persoal e en gastos correntes nos tres primeiros meses do ano.
Centos de persoas pediron a abolición das touradas en Pontevedra. GzVídeos resume a exitosa manifestación durante as festas da Peregrina.
O kirchnerismo gaña as primarias na Arxentina. Daniel Scioli, candidato do partido da presidenta Cristina Fernández, triunfa nas PASO aínda que con un resultado aberto.