Centos de persoas pediron a abolición das touradas en Pontevedra. GzVídeos resume a exitosa manifestación durante as festas da Peregrina.
Fálase
O kirchnerismo gaña as primarias na Arxentina. Daniel Scioli, candidato do partido da presidenta Cristina Fernández, triunfa nas PASO aínda que con un resultado aberto.
Praza Pública non se actualiza nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Volvemos o luns!
O BNG pide ao Goberno central que fixe un prezo mínimo para o leite como fai Francia. Olaia Fernández Davila presenta unha iniciativa no Congreso sobre o pacto alcanzado no país galo para fixar un prezo do leite de 34 céntimos o litro e reclama que o Estado español "siga o mesmo modelo".
Case 340 medidas de protección a vítimas de violencia machista en Galicia ata xuño. 24 maltratadores están controlados por medios telemáticos.
Navantia pelexa pola construción de dous buques de Armada australiana. Presentou unha oferta e, de adxudicarse o contrato, contruirianse integramente na ría de Ferrol.
Os votos en contra de PP e BNG impiden a modificación do orzamento na Coruña. A oposición, incluída a abstención do PSOE, obriga a Marea Atlántica a volver negociar.
GzVideos resume a tractorada que onte percorreu Chantada en defensa do sector lácteo galego.
As explotacións galegas producen o 40% do leite do Estado pero son as que menos cobran. A industria láctea paga ás granxas galegas un 20% menos que ás de Andalucía ou Asturias.
O moañés Delio Fernández impúxose na sétima etapa da Volta a Portugal, no alto da Torre, por diante do arousán Gustavo Veloso. Veloso lidera a clasificación xeral, con Fernández segundo a 21" e Alex Marque quinto, e encamíñase cara ao triunfo final en Lisboa.